Arrancou a novena edición do certame “Cancións dos Nosos Barrios”

O certame estará na leira de San Roque ata o día 29
Publicado por o día 27/07/2016 na sección de Cultura,Eventos,Vigo

Arrancou a novena edición do certame “Cancións dos Nosos Barrios”

A cita foi onte na leira de San Roque como vai sendo habitual, o certame empezou ás 19:30 horas baixo un clima magnifico baixo a arboleda que deu un suspiro á calor tremenda que está a haber estes días na cidade olivica, centos de vigueses e viguesas déronse cita para gozar de cancións populares e non populares, o certame estará ata este mesmo venres.

O pistoletazo de inicio desta novena edición deuna Parkinson Canta, Amigos Afortunados, Trécolas de Sárdoma, Cantautores tradicionales de Moaña e Cantarares del Alba que deron por concluída a xornada ata o dia de hoxe, hoxe actuasen a partir das 19:30h Ronsel, Xarope de Uva, Sondaki, Airiños mar de Teis e Mistura.

A sesión inicial da novena edición do certame, que foi presenciada polo rexedor de Vigo, Abel Ramón Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Polo escenario pasarán un total de 21 agrupacións musicais de todo tipo ao longo desta semana, cinco cada día salvo hoxe que o farán seis, está situado no medio da leira de San Roque. Unha parcela na que os organizadores do evento colocaron ao redor de 600 asentos para aqueles que prefiran gozar dos concertos dunha forma máis relaxada.

Mañá día 28 estarán a actuar Esmorga, Os Bohemios, Grupo Montecelo, Tarxa, Furancheras de Lavadores e O coto de Carballal. As actuacións empezasen ás 19:30 horas en todas as datas.

O último día, día 29 estarán a actuar As sete Cuncas, Vellos Ventos, Lembranzas, XoanRoque e Furrancho da Balsa.

A entrada ao certame é totalmente gratuíta. Na nosa conta de Facebook poderán gozar dunha galería fotográfica como un vídeo pequeno do inicio desta novena edición do certame como tamén poderán gozar de fotografías das seguintes datas como pequenos vídeos tamén.