“Arredor da medianoite”, de B. Tavernier, terceira cita do ciclo Notametraxes-17

A proxección será mañá, 7 de xuño, ás 20.00 horas, no Teatro Principal. A entrada é de balde
Publicado por o día 06/06/2017 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Pontevedra,Vigo

“Arredor da medianoite”, de B. Tavernier, terceira cita do ciclo Notametraxes-17

Notametraxes-17, o ciclo de cinema e música en vivo desenvolvido co gallo do 25 aniversario do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra, ten mañá, 7 de xuño a súa terceira cita. O Teatro Principal acollerá, ás 20 horas, a proxección do filme “Arredor da medianoite” de Bertrand Tavernier (1986). Ao remate, a música en vivo chegará da man do Seminario Permanente de Jazz (SPJ). A entrada é de balde.

Ficha da película:
Arredor da medianoite. USA, Francia | 1986 | Color | 133′ | VOSE
Director: Bertrand Tavernier
Tavernier recrea a atmósfera da escena musical parisiense de finais dos cincuenta
centrándose na figura de Dale Turner, un saxofonista en horas baixas e serios problemas
coa bebida.

Máis información en http://www.jazzpontevedra.com/
E no Facebook: @festivaljazzpontevedra