A Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información celebrarase mañá, venres 1 de xuño, a partir das 20.00 horas no Hotel Pazo Los Escudos de Vigo. O evento, no que participarán case 300 persoas, está promovido conxuntamente polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) e contará coa participación do decano do Colexio, Julio Sánchez Agrelo, do alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, e do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.
O fito principal do acto estará marcado pola entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións 2018. En total, vanse entregar cinco galardóns. O primeiro deles distingue o Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, galardón que este ano recae no proxecto Litter Drone, monitorización do lixo mariño empregando drons e análises de imaxe dirixido por Fernando Martín, profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
O Premio Gradiant á Mellor Tese de Doutoramento Aplicada ao Sector TIC recae en David Vázquez polo seu traballo “Detection of image resampling and video encoding footprints for forensic applications”. Doutra banda, o Premio Acuntia á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións distingue o labor de Abanca.
Enxeñeiro do Ano e Socio de Honra
O Premio Enxeñeiro do Ano 2018 recae en Joaquín Lameiro pola súa exemplar traxectoria profesional e o seu fondo compromiso co desenvolvemento do sector das telecomunicacións no noso país. Finalmente, o Premio Socio de Honra distingue a Luciano Vidán, presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, polo pulo outorgado á entidade que dirixe en relación ao desenvolvemento de novas tecnoloxías que permiten mellorar e optimizar o traballo no eido sanitario.
Desenvolvemento do acto
21,40 h. (aprox).- Intervención do decano do COETG, Julio Sánchez Agrelo
22,05 h. (aprox).- Intervención do Enxeñeiro do Ano, Joaquín Lameiro
22,15 h. (aprox).- Intervención do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves
22,25 h. (aprox).- Intervención do alcalde de Vigo, Abel Caballero
Noticias de última hora en Vigo