Arrinca en Vigo o ciclo de conferencias “Sabedoría Para Vivir”

A recoñecidos María Ibáñez Goicoechea e Jesús Jiménez Cascallana, psicólogo e psicoterapeuta, impartirán na cidade unha conferencia gratuíta propoñendo un novo modelo psicolóxico práctico.
Publicado por o día 12/02/2019 na sección de Galicia,Vigo

Arrinca en Vigo o ciclo de conferencias “Sabedoría Para Vivir”

O próximo 2 de marzo, os especialistas en psicoloxía Jesús Jiménez Cascallana e María Ibáñez Goicoechea iniciarán en Vigo un ciclo de conferencias gratuítas que os levará durante os meses de marzo e abril a percorrer varias cidades españolas. Baixo o título “Sabedoría para vivir”, os recoñecidos especialistas impartirán unha clase aberta sobre como abordar e resolver os conflitos, mellorar as relacións persoais, afrontar as emocións, ordenar o pensamento e entender o sentido da vida, entre outros aspectos.
Ambos contan cunha dilatada experiencia profesional no mundo da psicoloxía clínica e propoñen un novo modelo psicolóxico, práctico, baseado nos resultados das súas investigacións durante máis de 20 de anos. No centro de psicoloxía que dirixen realizaron máis de 38.000 sesións clínicas e máis de 2.000 pacientes con sesións individuais, en parella e familiares. Dedícanse a difundir os seus descubrimentos en relatorios multitudinarios, ao redor de 100 en España e Latinoamérica, ás que asistiron máis de 10.000 persoas.
En palabas de Jesús Jiménez “insístese en solucionar os problemas e ser feliz a través da forza de vontade, e principalmente actuando sobre os efectos, o cal é completamente inútil a medio e longo prazo. Un exemplo é a ansiedade, que é un efecto, e para resolvela hai que comprender as súas causas”. Segundo o experto, isto é válido tanto para os conflitos da vida cotiá como para os trastornos psicolóxicos.
O trastorno máis frecuente que trataron é a ansiedade, seguido dos depresivos. Despois, os problemas de parella e convivencia, os problemas de conduta, os problemas no ámbito laboral e os de relación interpersoal.
A conferencia terá lugar na sede Afundación o sábado 2 de marzo de 19.30 a 20.30 horas e a entrada será gratuíta ata completar aforamento. O ciclo de conferencias arrincará en Vigo o día 2 e a continuación acudirán a Barcelona, Sevilla, Bilbao, Zaragoza e Madrid.

“Aprende a resolver o que che fai sufrir”

“Aprende a resolver o que che fai sufrir” (editorial A Esfera dos Libros) é o título do novo libro que publicaron recentemente e que presentarán tamén en Vigo no marco da conferencia. En palabras de María Ibáñez “a maioría das persoas viven con inseguridade, ocultan os seus defectos, teñen pensamentos desagradables que non quererían ter… Con este libro pódese aprender cales son as estratexias que funcionan e as actitudes equivocadas que prexudican a nosa mente; como chegar á causa dos problemas e así corrixir os erros que nos impiden ser felices”.

Jesús Jiménez e María Ibáñez

Jesús Jiménez Cascallana é Licenciado en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid, Psicólogo Europeo Especialista en Psicoterapia, especialidades de Clínica e Educación, Certificado pola European Federation of Psychologists’ Association ( EFPA) e Membro da American Psychological Association (APA).
María Ibáñez Goicoechea é Psicoterapeuta e Diplomada Universitaria en Enfermería pola Facultade de Medicina da Universidade de Granada.
Ambos son comunicadores, escritores e conferenciantes. Desde 1998 dirixen o Centro de Psicoloxía e Introspección -inicialmente en Madrid, na actualidade en Huesca-, no que tratan patoloxías psicolóxicas clínicas e educativas, de forma individual e en grupo, terapia familiar, infantil, adolescente e adultos.
Son un matrimonio con ampla experiencia profesional, dedicados a investigar a mente e o espírito humanos. Especialistas en relacións persoais, colectivos humanos, saúde física e mental, en conflitos persoais e sociais, en educación…, viviron e investigaron en diferentes países, ademais de en España, como en Estados Unidos, O Salvador, India, Nepal, Tailandia, Nicaragua, Sudáfrica… O seu principal interese é desentrañar a psique e o comportamento, e ofrecer unha vía de solución aos conflitos, persoais e sociais, baseada na comprensión dos problemas e o desenvolvemento persoal.
Escribiron cinco libros e máis de 100 artigos en prensa nacional e internacional. Contan con máis de 415.000 seguidores en Facebook, 220.000 visualizacións nos seus vídeos de YouTube e 75.000 seguidores en Instagram.

Comentar noticia

Your email address will not be published.