Arrinca a II Semana da Patria con diversas actividades en todo Vigo

Publicado por o 17/07/2017
Arrinca a II Semana da Patria con diversas actividades en todo Vigo

A II Semana da Patria Galega en Vigo arrinca cargada de actividades para o pensamento, debate e acción en diversos puntos da cidade de Vigo, con motivo da celebración o 25 de xullo do Día da Patria Galega. O luns 17 e martes 18 son os días para os coloquios, cunha conferencia analítica sobre o empobrecemento, perda de capacidade produtiva e desmantelamento da industria galega que se produciu coa entrada no mercado común europeo, na que falarán a deputada do BNG Montse Prado e o director da Fundación Moncho Reboiras, Manuel Mera.

O martes é a quenda do activista en defensa da lingua e escritor Carlos Callón, mentres que o mércores instalarase a carpa nacionalista na Farola de Urzáiz con actividades de rúa.

O Venres 21 proxectarase no Bar O Batallón a longametraxe documental “Lume novo”, sobre o movemento estudantil na Galiza desde o maio do 68 até os anos 90, e contarase coa participación do director do filme, Alberte Mera.

Finalmente, o sábado 22 pola mañá membros de Galiza Nova Vigo, mocidades do BNG, confeccionarán un mural pola autodeterminación de Galiza diante do Marco.

O Bloque arrinca esta semana da Patria logo de realizar un exitoso encontro aberto con Ana Pontón no Calvario o pasado venres, e de este domingo realizar unha viaxe a Cíes con máis de duascentas persoas participantes e a extensión dunha bandeira xigante da Patria no areal de Rodas.

Programa da Semana da Patria Galega

17 de xullo ás 20h. Libraría Cartabón. R/Urzáiz, 125. Vigo

Palestra: 25 anos do ingreso na Unión Europea, 25 anos de ruína para o pobo galego.

Interveñen: Montse Prado (deputada BNG) e Manuel Mera (Fundación Moncho Reboiras).

18 de xullo ás 20h.Libraría Andel, A/Camelias,102.

Palestra: Somos galeg@s por obra e graza do idioma.
Intervén: Carlos Callón, escritor e activista en defensa da lingua.

19 de xullo, 18-20hs. Farola de Urzáiz

Carpa nacionalista e actividades na rúa.

21 de xullo ás 20h. Bar O Batallón R/Martín Códax, nº17.

Proxección-coloquio: “Lume novo”
*Alberte Mera, director do filme documental.

22 de xullo ás 12h.

Escaleiras do MARCO. Mosaico pola autodeterminación.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá