Arrincan as xornadas “Recuperar soberanía, desarmar o TTIP”

Por o 26/03/2015 | Sección: Esquerda Unida,Política
Arrincan as xornadas “Recuperar soberanía, desarmar o TTIP”

– Este xoves 26 darán comezo as xornadas contra o TTIP organizadas por ECOAR en Galicia.

O xoves 26 de marzo, ás 19:30h., terá lugar, no Auditorio do centro Municipal de Teis(Cami​ñ​o Maceiras s/n, 36207, Vigo) a primeria das sesións que compoñen as xornadas “Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP”, da man de Susan George, activista, escritora, científica socio-política e presidenta da Xunta do Transnational Institute.
O traballo de George vai encamiñado, nos últimos anos, cara a loita contra o modelo actual da globalización, organización do comercio mundial, as institucións financeiras internacionais e as relacións norte-sur.

George é especialista, entre outros temas, en reforma da Unión Europea, política comercial europea, débeda e institucións financeiras internacionais, alternativas á globalización empresarial, taxa sobre as transacións especulativas; seguridade alimentaria e comercio internacional. Sobre estes temas escribiu máis dunha decena de libros que foron traducidos a diversos idiomas, ademais de numerosos artigos.

PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO