ARTAI desembarca en CONXEMAR como única correduría de seguros con unidade exclusiva para o sector

ARTAI PESCA converteuse nun referente no mercado marítimo nacional e internacional, con máis de 1.500 buques pesqueiros asegurados
Publicado por o día 02/10/2018 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

ARTAI desembarca en CONXEMAR como única correduría de seguros con unidade exclusiva para o sector

ARTAI, o maior bróker de seguros privado de España, desembarca en Conxemar como a única correduría de seguros de empresa cunha unidade especializada exclusivamente no sector pesqueiro, ARTAI PESCA. Esta liña de negocio especializada no sector pesqueiro conta xa con máis de 1.500 barcos de pesca asegurados.

ARTAI PESCA é unha aposta da compañía coa que conseguiu converterse en líder indiscutible do Mercado Asegurador grazas ao número de frotas xestionadas e o seu traballo cos grandes grupos empresariais do sector. Para a dirección de ARTAI PESCA, a feira de Conxemar (caseta H2) é “unha nova oportunidade de achegar ao sector pesqueiro mundial a importancia de realizar unha xestión integral de riscos”, e destaca que “o negocio pesqueiro vive un momento de puxanza e desde ARTAI PESCA achegamos solucións aseguradoras especializadas a frotas pesqueiras, almacéns frigoríficos, comercializadores e empresas auxiliares, entre outros”.

ARTAI PESCA co seu equipo multidisciplinar de profesionais está hoxe presente nos principais portos pesqueiros do mundo acompañando aos maiores buques españois en todos os continentes.

ARTAI é o maior bróker independente de seguros de empresa de España. Fundada en 1.993, a firma conta con 17 oficinas propias situadas en Vigo, A Coruña, Alacante, Baleares, Barcelona, Bilbao, Cádiz, León, Lugo, Madrid, Medina del Campo, Oviedo, Pamplona, Santiago de Compostela, Sevilla e Vitoria. A Compañía conta tamén con oficinas propias en Marrocos, nas cidades de Casabranca e Tánxer. No ámbito internacional ademais ARTAI é Partner de Gallagher Global Alliance, network internacional de Gallagher, o cuarto bróker mundial de seguros. Por outra banda, a firma é representante en España de Newstead a principal rede mundial de Corredores de Seguros de Crédito e Riscos Políticos. O seu modelo de negocio baséase nun servizo diferencial, personalizado, asentado no coñecemento e a experiencia das súas máis de 150 profesionais, cun compromiso firme e próximo cos seus clientes.