O Centro Sur acolle a partir do venres, 8 de novembro, unha nova edición do programa Arte en bruto, co que colabora a Concellaría de Cultura. A programación está prevista para nenos entre 3 e 16 anos, distribuídos nos seguintes horarios:
• De 3 a 7 anos será de 17.00 a 18.00 horas
• De 8 a 12 anos será de 18.00 a 1.30 horas
• De 13 a 16 anos será de 19.30 a 21.00 horas
A posibilidade de realizar Arte en bruto no Centro Sur permitirá facer interpretacións e intervencións ao aire libre. Nesta ocasión, o programa desenvolverase baixo o título “Un mar de músicas” que permitirá coñecer as lendas dos cantos de baleas e de sereas.
Arte en bruto desenvolverase até o vindeiro mes de maio.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.