Hoxe veciños e veciñas de Coia,de Vigo,decidimos por fin a impunidade dun alcalde que,ainda estando en minoría,séntese señor feudal tratando os cidadans coma subditos do seu pequeno universo persoal.
Hoxe dixemos BASTA!!!!,basta de despilfarro dos cartos públicos de tod*s nos seus delirantes proxectos,basta de pisotear os dereitos das persoas,basta de incumplir os acordos e as sentencias xudiciais,basta de especulación e corrupción no Concello de Vigo.
As 8 da mañán deste xoves os veciñ*s de Vigo decidimos entrar na “rotonda dos despropositos” e paralizar as obras que se estaban a levar a cabo para “fondear”, por 300000euros sumados a conta do gastado anteriormente(facendo un total que supera o medio millón de euros),un barco en terra.Un gasto desproporcionado e innecesario nuns momentos en que dita partida tería bo fin en atender as situacións de emerxencia social que están sufrindo moitas familias de Coia e doutros barrios de Vigo así como aumentar o número de traballadoras sociais municipais para axilizar os tramites dos expedientes paralizados polos cales moitas familias con meniñ*s están a pasar fame,frio e outras necesidades.
Por outro lado cumpre denunciar a falsidade nas afirmacións dende o concello cando alegan que non hai cartos logo de ter recortado,este ano con respecto o anterior,máis dun millón de euros nas partidas adicadas o cheque social e curiosamente si hai cartos para cumprir os desexos megalómanos do alcalde co apoio do concelleiro de Fomento que,lembremos,está a ser investigado dentro da operación Patos xunto co concelleiro de Urbanismo.
Por todo isto *s veciñ*s de Vigo non imos tolerar máis impunidade,non imos consentir que “mexen por riba nosa e digamos que chove”,non imos permitir:
#BARCOSNAROTONDAEXENTESINCOMER
Asinado: Fran Riveiro
Operador de mantemento industrial de profesión.
Activista social en varias plataformas sociais de Vigo e militante de ANOVA Irmandade Nacionalista da que foi portavoz e coordinador local en Vigo no 2014.
Comprometido político e socialmente con coa cidadanía,actualmente participa activamente na Asemblea de Movementos Sociais de Vigo-AMSV.
Colaborador con artigos de opinión en diversos medios de comunicación.
2 Respuestas a "Artigo de opinión por Fran Riveiro sobre a rotonda de Coia"