Arturo Parrado pon en común con persoal dos servizos sociais de concellos de Pontevedra as novidades introducidas na Risga

Trátase de analizar a implantación do novo decreto que regula esta prestación e as Axudas de Inclusión Social (AIS)
Por o 13/04/2019 | Sección: Galicia,Pontevedra
Arturo Parrado pon en común con persoal dos servizos sociais de concellos de Pontevedra as novidades introducidas na Risga

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, abordou con profesionais dos servicios sociais comunitarios de Pontevedra a implantación dos novos tramos da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga). Fíxoo nunha charla informativa que tivo lugar nas dependencias da Delegación da Xunta.

Arturo Parrado, acompañado de técnicos da dirección xeral de Inclusión, explicou que a finalidade deste encontro é dar a coñecer as modificacións que leva consigo o novo decreto que desenvolve a Lei de Inclusión Social de Galicia, e que regula a tramitación da Risga e das Axudas de Inclusión Social (AIS).

O obxectivo é que os técnicos das administracións autonómica e local poñan en común todos os aspectos necesarios para garantir unha correcta implantación das novas medidas que recolle o decreto, en particular a posta en funcionamento de dous novos tramos da Risga dirixidos a incentivar a busca de emprego.

Ademais, tamén servirán para avanzar nos mecanismos de coordinación entre administracións relacionados co desenvolvemento dos programas de inclusión, na procura de mellora a resposta que se lle da ás persoas usuarias.

Estas xornadas divulgativas sobre as melloras na Risga continuarán con dúas novas sesións que terán lugar os vindeiros días 24 e 26 de abril nas sedes das delegacións territoriais da Administración autonómica en Ourense e en Lugo, respectivamente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.