O Arxil saca mañá á rúa a máis de 1.000 escolares no Día do Baloncesto

Publicado por o día 07/06/2017 na sección de Baloncesto,Deportes,Eventos,Galicia,Pontevedra,Vigo

O Arxil saca mañá á rúa a máis de 1.000 escolares no Día do Baloncesto

A Concellaría de Deportes colabora co Club de Baloncesto Arxil na organización da 16 edición do Día do Baloncesto 3×3 na rúa que se celebrará mañá, 8 de xuño, na Avenida de Montero Ríos.

Están matriculados 1.080 rapaces dos colexios:

• Calasancias
• Doroteas
• San José
• San Benito de Lérez
• Froebel
• Barcelos
• Campolongo
• Asociación Virgen de la O
• Manuel Vidal Portela
• Carballal
• Álvarez Limeses

Dende as 09.45 horas até ás 13.00 horas disputaranse 600 encontros en 30 pistas entre rapaces de 3º a 6º de Primaria, nas categorías masculina, feminina e mixta. Como premio, todos os rapaces recibirán unha camiseta de cor distinta, por centro educativo, e a bebida necesaria para a hidratación.