Ás 10 propostas de Máis País-Equo para Galicia

Publicado por o día 06/11/2019 na sección de Máis País- EQUO,Política

Ás 10 propostas de Máis País-Equo para Galicia

1. Oficina Anticorrupción Sanitaria. Creación dunha Oficina pública centrada na auditoría e control dos grandes investimentos, servizos externalizados, compras de equipamentos e contratación de persoal sanitario.

Pacto de Estado para os profesionais sanitarios. Medidas urxentes contra a precariedade a temporalidade das traballadoras e traballadores do sector.

Establecemento de bases xerais para os procesos selectivos. Eliminación paulatina das gardas de 24 horas.

Reforzo do sistema sanitario camiñando cara a eliminación dos copagos, garantindo o gasto destinado á Atención Primaria en todo o territorio nacional e blindando o conxunto do sistema fronte á corrupción, a privatización e o deterioro das condicións laborais dos profesionais.

Desenvolvemento dunha Estratexia de Saúde Rural para garantir a equidade e a asistencia sanitaria independientemente do lugar de residencia.

Estratexia de Estado pola igualdade fronte ao machismo no ámbito da saúde.

2. Novo pacto social pola dignidade do traballo autónomo, asalariado e das PEMES.

Derrogación completa do Real Decreto-Lei 3/2012, de 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral.
Corrección progresiva da falsa temporalidade. Loita contra o fraude dos falsos autónomos.
Políticas activas de loita contra o machismo no emprego: medidas contra a desigualdade salarial e a feminización da precariedade.
Creación de sistemas duais de formación e emprego no colectivo dos desempregados/as de longa duración, especialmente a partires dos 52 anos.
Fomento da contratación pública coas PEMES e autónomos. Apoio a dixitalización das PEMES. Impulso a dixitalización e as startups.
Renda Garantida. Complemento de renda para fogares sen recursos de ate 600€/mes.
Lei de segunda oportunidade para as PEMES.
Estratexia de Estado pola igualdade fronte ao machismo no ámbito do traballo e da empresa.

3. Plan integral de acompañamento á industria e impulso á transición ás prácticas industriais da economía circular. Posta en pé dun plan integral de acompañamento á gran industria galega. Construción dun espazo de diálogo integrado polos actores do sector e as administracións de cara á planificación e abordaxe dos grandes hitos da industria galega na próxima década: Central Térmica de As Pontes de García Rodríguez, Alcoa, Estaleiros Barreras, finalización das concesións das centrais hidroeléctricas de Os Peares, Chandreixa, As Conchas en 2030, etc.

Creación dunha empresa pública de minaría sostible como garantía de protección das nosas rías e dos nosos montes. Control medioambiental da extracción de minerais estratéxicos coma o litio, galio, cobalto o tierras raras.

I+D+i. Promoción dunha Axencia do Hidróxeno centrada na investigación e promoción do hidróxeno como impulsor do cambio da motorización do transporte terrestre e naval.

4. Lei integral para a loita contra a despoboación do mundo rural. Desenvolvemento dunha lei integral contra a despoboación do mundo rural que aborde medidas contra a despoboación en termos transversais: empleabilidade no rural, emprendemento, infraestructuras de comunicación, vialidade, educación, sanidade e innovación. Creación dunha rede de CRAs (centros rurais asociados que prioricen os dereitos da infancia), implantación de redes de coidados.

Estratexia de Estado pola igualdade fronte ao machismo no mundo rural.

5. Plan Estratéxico do Sector Gandeiro Galego. Posta en pé dunha diagnose real da situación do sector en Galicia que preste particular atención ás condicións de investimento, emprendemento e sostibilidade. Impulso á producción de elaborados que incrementen o valor engadido da producción do sector. Regulación por lei do etiquetado dos produtos lácteos obrigando á especificación da orixe da materia prima e o lugar de procesado e envasado. Establecemento de cotas mínimas por granxa e organización do mercado dos excedentes. Apoio institucional á organización dos produtores de Galicia cara a lograr unha mellor posición dos produtores nas negociacións coas industrias tanto en volumes de entrega coma de prezos.

6. Abordaxe integral da planificación e xestión forestal dirixida a poñerlle fin aos incendios e mellorar os rendementos do monte galego. Elaboración dunha diagnose integral do monte galego baseada nos estudos edafolóxicos. Zonificación e implementación de plans de explotacións dacordo con criterios de racionalidade económica e medioambiental. Xestión baseada na preservación da biodiversidade, erradicación dos incendios descontrolados, limitación da erosión, mellora dos rendementos dos pequenos propietarios e mellora da paisaxe.

7. Plan de medidas urxentes para a reparación e bo funcionamento das depuradoras de augas urbanas ao carón das nosas rías. A Directiva marco de agua regula que tódalas masas de auga deben ter boa calidade química, física e biolóxica e é evidente que co 50% das depuradoras funcionando mal non se pode acadar esa calidade. É hora de priorizar e destinar recursos a mellorar o seu funcionamento.

8. Transferencia e gratuidade da AP9.

Creación dunha rede de transporte público integral de Galicia. Coordinación integradora de tódolos transportes púlblicos e as súas conexiones. Ampliar as redes de transporte de cercanías nos núcleos máis poboados e crear un sistema de transporte a demanda nas zonas rurais.

9. Blindar a subida das pensións ao IPC vía reforma constitucional. Supresión do factor sostibilidade. Reactivación do Pacto de Toledo. Supresión dos topes máximos de cotización co obxetivo de reducir á Seguridad Social. Supresión progresiva dos copagos sanitarios. Estratexia de Estado pola igualdad frente al machismo no ámbito da poboación pensionista.

10. Derrogación da LOMCE e creación dun novo marco educativo a través do diálogo con toda a comunidade educativa.

Garantir a educación gratuita de nenas e nenos de 0 a 3 anos.
Medidas contra a precariedade das educadoras e educadores do ciclo infantil.
Prohibir por lei que a administración firme concertos con centros que segregan por sexo.
Regulación da ubicación das casas de apostas e da publicidade asociada.
Estratexia de Estado pola igualdade fronte ao machismo na educación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.