As 15 persoas formadas polo Concello para traballar no Grupo Lear co√Īecen a f√°brica de Valladares

O alcalde acompa√Īou aos futuros traballadores nunha visita na que estivo presente o xerente das instalaci√≥ns
Publicado por o d√≠a 11/06/2019 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

As 15 persoas formadas polo Concello para traballar no Grupo Lear co√Īecen a f√°brica de Valladares

As 15 persoas formadas polo Concello de Ponte Caldelas para traballar na f√°brica do Grupo Lear (antiga Antol√≠n) en Valladares (Vigo) visitaron onte as instalaci√≥ns acompa√Īadas polo alcalde, Andr√©s D√≠az. Unha visita na que co√Īeceron a li√Īa de produci√≥n de asentos e na que tam√©n estivo presente o xerente de Lear, Jos√© Luis Antol√≠n Ayala.

O curso, que tivo unha duración teórico-práctica de 110 horas, culminou cunha proba realizada directamente en fábrica e agora dará paso a un primeiro contrato en prácticas de 15 días antes de pasar a formar parte de xeito definitivo do cadro de persoal de Lear.

O Concello contou coa colaboración da empresa Gi Group, que se ocupou de preseleccionar aos perfís máis axeitados e, a continuación, a formación foi impartida pola firma Equitalent en colaboración con cadros do Grupo Lear, garantindo así unha correcta asimilación dos contidos necesarios.

Durante a visita os responsables do Grupo Lear deron a benvida aos candidatos a pasar a formar parte do seu persoal e agradeceron a colaboraci√≥n do Concello, subli√Īando que non √© habitual que os concellos se impliquen deste xeito e, moito menos, que queiran participar nunha visita guiada polas instalaci√≥ns industriais.

O Goberno local caldel√°n (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) optou por este tipo de estratexia para reinserci√≥n laboral dos seus veci√Īos e veci√Īas. As√≠, preselecciona a persoas desempregadas e empadroadas en Ponte Caldelas, ofrec√©ndolles unha formaci√≥n gratu√≠ta e adaptada √°s necesidades de empresas da contorna a cambio de garant√≠a de contrataci√≥n para as persoas que superen o curso. A iniciativa, cun custo de 10.450 euros, resulta moito m√°is efectiva en termos de reinserci√≥n en emprego de calidade que outras alternativas convencionais, como os obradoiros de emprego. Tr√°tase do segundo curso destas caracter√≠sticas organizado neste mandato e o Concello, diante dos resultados obtidos, ten intenci√≥n de seguir traballando nesta mesma direcci√≥n.

As instalacións do Grupo Lear en Valladares producen diariamente 5.000 asentos, suficientes para equipar 1.500 coches. Na actualidade, en exclusiva para a fábrica do grupo PSA de Vigo equipando os modelos de furgonetas K9 e os monovolumes C4 Picasso.