Ás 16 h abre a reserva para 30 novas quendas para a recepción dos Reis Magos

Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán aos cativos e cativas de 11 a 20 h mañá martes no Teatro Municipal

Mañá martes, 5 de xaneiro, dende ás 11 e até ás 20 h os Reis Magos ofrecerán unha recepción aos nenos e nenas de Tui no Teatro Municipal.

Ás catro desta tarde abrirase a reserva para 30 novas quendas entre ás 11 e ás 11.30 h e ás 19.30 e as 20 h. En cada quedan se pode reservar para un máximo de 4 persoas.  En total ao longo da xornada serán 200 quendas as habilitadas para a achegarse á recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar.

No momento de facer a reserva débese cubrir o nome e apelidos e teléfono de contacto de cada unha  das persoas asistentes. A recepción contará cun estrito protoloco anticovid. Á chegada á Area Panorámica os paxes reais e o persoal municipal irán conducindo aos asistentes no circuíto establecido até o interior do teatro onde dende as escadas que dan acceso ao escenario os cativos poderán saudar con distancia a Melchor, Gaspar e Baltasar e fotografarse con eles. Recoméndase acudir ao Teatro con 10 minutos de antelación sobre a hora fixada na entrada para evitar aglomeracións. No vestíbulo será preciso a desinfección de mans con hidroxel e lémbrase o uso obrigatorio de máscara para os maiores de 6 anos.

O escenario do Teatro Municipal transformarase cunha decoración especial para unha cita tan destacada coma esta recepción de Melchor, Gaspar e Baltasar. Amais as carrozas reais permanecerán estacionadas na rúa Ourense dende ás 11 h.

Aínda que este ano debido á pandemia da COVID 19 non se celebrará a tradicional Cabalgata Internacional da Eurocidade Tui-Valença as súas maxestades de Oriente enviaron unha mensaxe aos nenos e nenas que se pode visualizar en tui.gal e nas redes sociais do Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario