As agresións e as políticas de recortes do goberno do PP aceleran e agrávanse día a día

Todo elo sustentado nunhas reformas laborais e de pensións que precarizan, empobrecen e expolian dereitos a xóvenes, traballadores e  pensionistas
Publicado por o día 14/12/2017 na sección de Social

As agresións e as políticas de recortes do goberno do PP aceleran e agrávanse día a día

As agresións e as políticas de recortes do goberno do PP aceleran e agrávanse  día a día. Gobérnase para unha minoría privilexiada. Bancos, eléctricas, autopistas e para grandes corporacións do Ibex 35. Asígnanselle decenas de miles de millóns de euros para salvalas, redúcense os tipos impositivos para evadir impostos e aplícanse tarifas planas á contratación laboral para dicir que se fomenta o emprego, cando o pouco traballo creado  ten salarios de subsistencia e non permite unha vida digna. Todo elo sustentado nunhas reformas laborais e de pensións que precarizan, empobrecen e expolian dereitos a xóvenes, traballadores e  pensionistas.

Dende a Coordinadora Estatal denunciamos os recortes que plantexa o goberno para o 2018,  unha vez máis Sanidade, Educación e Servicios Sociais son os afectados (pensións e prestacións de paro) computan unha pérdida de 5.000 millóns de euros respecto a 2017. Todo isto o coñecemos moi ben,  a pesares dos esforzos despregados para ocultalo polos medios ao servicio do poder.

En concreto, o goberno recortará en Educación 1.000 millóns, Sanidade 2.000 millóns e Pensións e prestacións por desemprego 3.000 millóns.

Xóvenes traballadores e  pensionistas sufren de novo as consecuencias de políticas de austeridade e a falsidade da suposta saída da crise. Os novos recortes supoñen unha nova volta de tuerca contra a maioría social en beneficio desa minoría  que sustenta os eus previlexios na corrupción e na fraude.

A Coordinadora Estatal denuncia a situación de máis de nove millóns de pensionistas que terán unha suba na súa pensión de 2 €, cando o aumento dos prezos lle fan perder a unha pensión madia máis de 300 € anuais. Esta situación xunto ás reformas laborais e das pensións levadas a cabo polo actual e anteriores gobernos, e os vetos plantexados a recentes propostas para cambiar estas reformas, levan ao Sistema Público de Pensións a un calexón sen saída.

O Goberno emprega sempre o mesmo proceso: deteriorar os servicios púbicos, a Sanidade, a Educación, as Pensións…para a continuación argumentar que son deficitarios para privatizalos entregándollelos a empresas afíns ao seu entorno mediante licitacións en moitos casos corruptas. É evidente que o fin deste deterioro nas pensións é desviar a futuros pensionistas cara os Plans Privados de Pensións.

Hoxe soi hai un camiño: loitar contra as privatizacións e denunciar a aqueles que apoian estes plans sexan privados ou de empresa, pois elo deteriora e destrúe o Sitema Público de Pensións actual.

Dende a Coordinadora Estatal, esiximos manter o actual sistema de reparto, as pensións como un dereito constitucional, e a súa inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado para facer fronte a posibles déficits do sistema. Esiximos retomar a xubilación aos 65 anos, a xubilación sen penalización aos 40 anos cotizados, así como retomar o subsidio aos maiores de 52 anos e a eliminación de toda discrimainación que actualmente vulnera os dereitos da muller, (sete de cada dez mulleres pensionistas reciben unha pensión menor que o Salario Mínimo Interprofesional). 

O goberno do PP, crea o eufemismo “factor de sostenibilidade” que ademais de ir mermando a cantidade a cobrar, a medida que a persoa pensionista vai cumprindo anos, pretende como na actualidade que as nosas pensións dependan dunha liña de crédito, (préstamo) que posteriormente coloca como débeda á Seguridade Social, débeda que Eurostat esixe devolver en 10 anos.

A perversidade desta lei e a irresponsabilidade dun goberno ao que parece non importarlle a calidade de vida do colectivo de persoas maiores, desprezando as demandas que plantexan 9 millóns de pensionistas, esíxenos seguir na mobilización e na loita ata revertir esta situación.

A Seguridade Social e o Estado do Benestar están en prigo debido á codicia dos poderes finacieiros, auxiliados polo  Goberno, que fixeron que cada español  debamos 24.412 € en débeda pública, en poder de bancos e fondos buitre. A supresión da economía sumerxida e a loita cotra a evasión de capitales, ademais das reformas administrativas que resolverían a situación da Seguridade Social, non se plantexan nas súas políticas pois irían contra a minoría privilexiada que mediante corrupcións e leises antisociais manteñen o poder político e económico.

Dende a Coordinadora Estatal esiximos que os déficits da Seguridade Social se garanticen a través dos Orzamentos Xerais do Estado, e non de liñas de crédito ou préstamos que endeudan a Seguridade Social e á clase traballadora que é a que sostén os servicios Públicos.

O fondo de reserva practicamente saqueado na súa totalidade non pode facer fronte á débeda solicitada e en decembro de 2017 a Seguridade Social terá unha débeda de 3.900 millóns de euros. Este Goberno levou á creba á Seguridade Social, ao provocar un déficit anual de 18.000 millóns. As súas políticas económicas provocaron en 4 anos un burato na Seguridade Social de 88.000 millóns, o que pon en evidencia o nulo interés do Goberno na defensa do público e a súa estratexia de facelo inviable.