As Anpas do barrio de Teis iniciaron hoxe a súa campaña de recollida de sinaturas na rúa

As Anpas do barrio de Teis iniciaron hoxe a súa campaña de recollida de sinaturas na rúa. Esta foi unhas das medidas adoptadas na última xuntanza das representantes das asociacións de nais e pais dos centros de ensino do barrio para reclamar unha “biblioteca pública concebida como un espazo que permita a toda a cidadanía o acceso gratuíto a información multisoporte (analóxica, dixital, textual e audiovisual), un espazo concibido como centro de fomento e animación da lectura cun equipo de profesionais que organice actividades específicas, unha biblioteca pública que sexa un lugar de encontro e referente da actividade cultural do barrio”. Apoiados polo resto de colectivos do barrio de Teis (AAVV, Plan Comunitario, Asociación de Comerciantes Zona Teis, Mercado de Teis, parroquias, Comunidade de Montes, asociacións deportivas,etc…) continuaran con esta recollida durante estes días para acadar un número significativo que amosen o apoio do barrio a esta necesidade e darlle traslado ao concello.

Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

SIGUENOS EN TELEGRAM