As asociacións veciñais de Teis e Chapela, solicitan a convocatoria da comisión de seguimento da AP9

Xuntanza coa Subdelegada do Goberno este mércores 26 ás 12:30 horas en Pontevedra.
Publicado por o día 26/09/2018 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

As asociacións veciñais de Teis e Chapela, solicitan a convocatoria da comisión de seguimento da AP9

Unha representación da Asociación Veciñal de Teis e de Chapela, entregaron na maña de onte no rexistro do edificio administrativo da Xunta en Vigo, un escrito dirixido ao Ministro de Fomento, solicitando a convocatoria urxente da comisión bilateral de seguimento da AP-9, da que forma parte o Ministerio de Fomento e a Consellaría de Infraestruturas.

Nesta comisión bilateral de seguimento, queremos que se trate, eliminación da peaxe no tramo Rande-Vigo, a conversión da autoestrada AP-9 en urbana desde Padín ao centro con acesos e  medidas contra o ruído.

O pasado 21 de xuño, ambas asociacións presentaron un escrito dirixido ao novo Ministro de Fomento, José Luis Ábalos Meco, con estas reivindicacións, logo de tres meses aínda non recibimos ningunha resposta.

O anterior goberno central de Mariano Rajoy, estivo enganándo anunciando a supresión da peaxe para o mes de xullo e o actual goberno central de Pedro Sánchez, fáltalle vontade política.

A prioridade do Ministerio de Fomento e unha nova subida das peaxes este ano como acaban de anunciar hai unhas semanas, sempre atendendo os intereses da Audasa, unha concesionaria con ingresos millonarios, o pasado 2017 tivo máis de 40 millóns de euros de beneficios. Ademais a autoestrada AP-9, é unha das máis caras do Estado español.

No acto da mañá de onte informaron que a Subdelegada do Goberno en Pontevedra, vai manter unha xuntanza coas asociacións veciñais de Teis e Chapela, este mércores 26 de setembro ás 12:30 horas, na sede en Pontevedra.

Por último, ambas asociacións, diante da falta de avanzo e concreción nestas reivindicacións, temos convocada unha manifestación conxunta este vindeiro sábado 29 de setembro ás 19:00 horas, desde Padín en Teis.