As axudas a programas de promoción da igualdade e loita contra a violencia de xénero con cargo ao IRPF 2019 benefician a 24 entidades cun orzamento que supera os 500.000 euros

O DOG publica hoxe a resolución da convocatoria, que contou cun orzamento que supera os 507.000 euros
Publicado por o d√≠a 08/01/2020 na sección de Social,Xunta de Galicia

As axudas a programas de promoción da igualdade e loita contra a violencia de xénero con cargo ao IRPF 2019 benefician a 24 entidades cun orzamento que supera os 500.000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes, e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF para o ano 2019. As axudas beneficiaron a 24 entidades sen ánimo de lucro e contaron cun orzamento de 507.330 euros, despois da aprobación o pasado 19 de decembro dunha ampliación de crédito de 50.000 euros á convocatoria inicial, dotada con 457.000 euros.

A través destas axudas, as entidades do terceiro sector de acción social sen ánimo de lucro e a Cruz Vermella poden levar a cabo programas cos que promocionar a igualdade entre mulleres e homes e de prevención da violencia de xénero na nosa comunidade.

As subvenci√≥ns financian, por unha banda, actuaci√≥ns que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, para lograr a eliminaci√≥n de estereotipos de x√©nero que conducen a que as mulleres padezan unha situaci√≥n de desvantaxe no eido laboral, social, persoal, econ√≥mico, pol√≠tico e cultural. No marco desta li√Īa, fin√°ncianse programas de acollemento, atenci√≥n e asesoramento para mulleres en situaci√≥n de vulnerabilidade; programas de informaci√≥n e formaci√≥n destinados a mulleres en situaci√≥n de vulnerabilidade e do medio rural que impulsen o emprendemento e o autoemprego co obxectivo de mellorar a s√ļa inserci√≥n laboral; ou programas de conciliaci√≥n para mulleres en situaci√≥n de vulnerabilidade, que consistan en actividades de coidado de persoas con discapacidade e/ou dependentes e persoas maiores.

Tam√©n se financian actividades formativas para o empoderamento e a participaci√≥n activa das mulleres, en especial das que sofren situaci√≥ns de vulnerabilidade ou as que residen no medio rural; as√≠ como actuaci√≥ns para o tratamento da sa√ļde integral e/ou sobre a sexualidade das mulleres.

Por outra parte, son subvencionables acci√≥ns de prevenci√≥n e loita contra a violencia de x√©nero e apoio √°s s√ļas v√≠timas como programas de acollida e aloxamento que coadxuven na protecci√≥n e seguridade das v√≠timas de violencia de x√©nero e dos seus fillos e fillas; xunto con actuaci√≥ns de apoio e tratamento dirixidos especificamente a mulleres v√≠timas especialmente vulnerables como mozas e adolescentes, mulleres con discapacidade, maiores, que residen no rural, inmigrantes ou pertencentes a minor√≠as √©tnicas.

Axudas de Política Social

Onte tam√©n se publicou no¬†Diario Oficial de Galicia (DOG)¬†a resoluci√≥n de axudas con cargo ao IRPF que distrib√ļe a Conseller√≠a de Pol√≠tica Social e que ascenden a un montante de 12,9 mill√≥ns de euros. Con este investimento impulsaranse 367 proxectos en 97 entidades de Galicia.

As actuacións que se financian con estas achegas correspóndense ao eixo da familia e a infancia, ao ámbito da inclusión social e a loita contra a pobreza; á area de Xuventude e o fomento do voluntariado; e ao eido da asistencia ás persoas maiores ou con discapacidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.