As axudas da Xunta facilitarán a instalación de 59 novos ascensores para dar servizo a un total de 434 vivendas

O Goberno galego destinou 1,3 millóns de euros á primeira convocatoria de subvencións para a instalación de mecanismos de accesibilidade nas vivendas
Por o 16/12/2017 | Sección: Xunta de Galicia
As axudas da Xunta facilitarán a instalación de 59 novos ascensores para dar servizo a un total de 434 vivendas

A Xunta de Galicia concedeu un total de 59 axudas para facilitar a instalación de ascensores, salvaescaleiras e outros mecanismos de accesibilidade nun total de 434 inmobles. O orzamento total da convocatoria ascende a un investimento de 1,3 millóns de euros.

 O reparto de axudas concedidas por provincias foi o seguinte:
PROVINCIA
NÚMERO DE AXUDAS
NÚMERO DE VIVENDAS
A Coruña
21
144
Lugo
6
38
Ourense
25
189
Pontevedra
7
63
TOTAL
59
434

A de 2017 foi a primeira convocatoria realizada pola Xunta para axudar á instalación de elementos de accesibilidade alí onde non se dispón dos mesmos. O Goberno galego xa está preparando a convocatoria destas axudas para 2018, que se publicará no Diario Oficial de Galicia nos primeiros meses do ano próximo.

Estas axudas poden empregarse para a instalación de novos ascensores en edificios residenciais colectivos e tamén en vivendas unifamiliares e vivendas tipo dúplex. Tamén son aplicables para a instalación de elevadores, salvaescaleiras e outros dispositivos que faciliten a accesibilidade entre os diferentes andares da edificación.
Os destinatarios das axudas son as comunidades de propietarios en edificios residenciais colectivos e os propietarios de vivendas unifamiliares e dúplex, neste último caso, cuxos ingresos ponderados da unidade familiar non poderán supera 3,5 veces o Iprem.
O importe da subvención é do 60 % do custe da actuación. Considéranse subvencionables os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e os custos en equipamentos, en materiais, en obra civil e en man de obra asociados á instalación do ascensor e dos demais dispositivos de accesibilidade, de xeito que estes queden operativos.
As axudas deste programa son compatibles con calquera outra destinada ao mesmo fin, sempre que a suma das mesmas non supere o custe total das obras. Como máximo, o importe da subvencións é o seguinte:

Vivendas emprazadas en ámbitos históricos ou nos Camiños de Santiago

Resto de vivendas

Vivendas unifamiliares e dúplex

4.500 €

2.500 €

Edificios de tipoloxía residencial colectiva con ata 8 vivendas

35.000 €

25.000 €

Edificios de tipoloxía residencial colectiva con máis de 8 vivendas

28.000 €

18.000 €