As axudas para a mellora das infraestruturas turísticas mobilizarán máis de 120.000 euros en proxectos de 6 concellos da área de Vigo

A Consellería de Cultura e Turismo vén de resolver a convocatoria destes apoios destinados, entre outras cuestións, a actuacións de mellora da accesibilidade e sinalización ou á posta en valor do patrimonio cultural e paisaxístico
Publicado por o día 02/05/2019 na sección de Galicia,Turismo,Vigo

As axudas para a mellora das infraestruturas turísticas mobilizarán máis de 120.000 euros en proxectos de 6 concellos da área de Vigo

A Consellería de Cultura e Turismo vén de resolver de xeito provisional as axudas de mellora das infraestruturas turísticas que teñan como finalidade o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural de cara á consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística. Así, o Goberno galego apoiará con máis de 120.000 euros a execución de 6 proxectos en concellos da área territorial de Vigo.

Así, grazas a estes apoios, cos que o Goberno galego financia o 65% do total do custo do proxecto, o Concello de Cangas executará traballos de mellora nas infraestruturas turísticas da rúa Santa Baia no casco vello, Fornelos de Montes porá en valor o patrimonio cultural e paisaxístico da parroquia das Estacas e Soutomaior renovará a sinalización turística do concello. Pola súa banda, Redondela acometerá a recuperación e limpeza do conxunto de petróglifos de Poza da Lagoa en Trasmañó e Moaña mellorará a sinalización e a accesibilidade no sendeiro do Río Fraga, así como outros recursos turísticos. Por último, Baiona centrará os recursos en traballos de accesibilidade á praia da Ladeira.


No conxunto de Galicia, ao abeiro desta orde de axudas mobilizaranse 4,7 millóns de euros que beneficiarán a 126 concellos das catro provincias para, entre outras cuestións, actuacións de mellora de accesos, recuperación e tratamento paisaxístico, iluminación ornamental ou actuacións dos Bens de Interese Cultural.

Comentar noticia

Your email address will not be published.