A baranda da Rúa Lepanto descansa no Parque Central de Santa Cristina.

Publicado por o día 25/01/2021 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A baranda da Rúa Lepanto descansa no Parque Central de Santa Cristina.

Foto de Vigo Vindeiro @VigoVindeiro

O Concello de Vigo ven de aclarar que as pezas da baranda que separaba as rúas Lepanto e Alfonso XIII e que foi retirada dentro das obras de demolición do scalextric atópanse recollidas no Parque Central de Santa Cristina.

O goberno local procederá asúa recuperación para darlle uso ornamental nalgunha outra zona da cidade dado que parte desta balaustrada atópase nun “estado bastante deteriorado”. Esta baranda xa non podería repoñerse en ningún sitio como estrutura de protección posto que nestes momentos non estaría homologada ao non cumprir coa normativa vixente na actualidade. En todo caso, é preciso apuntar que esta estrutura carecía de protección patrimonial algunha dado que ni tan sequera estaba catalogada.