As “Barbis intervidas” da DEPO chegan á praza de Abastos de Mondariz coa expo “Rompe. Xoga en igualdade”

A Presidenta Carmela Silva inaugurará a rompedora mostra de igualdade, acompañada do alcalde, Xoan Carlos Montes, e das creadoras da exposición.
Por o 07/07/2018 | Sección: Deputación de Pontevedra,Galicia,Mondariz
As “Barbis intervidas” da DEPO chegan á praza de Abastos de Mondariz coa expo “Rompe. Xoga en igualdade”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada provincial Isaura Abelairas, polo alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes, e de dúas das artistas creadoras da mostra, Isabel Blanco e Irene Silva, inaugurará este luns, ás 12:30 horas na Praza de Abastos da vila, a exposición “Rompe. Xoga en Igualdade”.

Esta mostra de igualdade foi inaugurada en Pontevedra con motivo do 8 de marzo e tras o seu paso polo Pazo Provincial comezou o seu percorrido en Vigo e Ponteareas para chegar agora a Mondariz.

A exposición está protagonizada polas famosas bonecas “Barbie”, que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres. Consta de 18 paneis cheos de poesía visual que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. Así, as protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres dende nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos.

A boneca seleccionada para a mostra foi a “Barbie” por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo. Pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas dos nenos e nenas. Desta maneira, as artistas creadoras da mostra interviñeron as bonecas para romper e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade para que se poña fin á discriminación e á violencia machista. Trátase dunha mostra cun importante valor simbólico e, por iso, diante de cada peza haberá un martelo co fin de trasladar a idea de romper con esta situación.

A exposición poderá visitarse na Praza de Abastos de Mondariz ata o 29 de xullo e estará aberta ao público de luns a domingo en horario de 9:00 horas a 14:00 horas.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.