As bibliotecas universitarias ampliarán os seus horarios a partir do 23 de novembro

Con aperturas extraordinarias ata a madrugada nos días laborables e nas fins de semana
Publicado por o día 07/11/2019 na sección de Galicia,Universidade de Vigo,Vigo

As bibliotecas universitarias ampliarán os seus horarios a partir do 23 de novembro

As bibliotecas central de Vigo, a de Torrecedeira e as centrais dos campus de Ourense e Pontevedra ampliarán os seus horarios a partir da fin de semana do 23-24 novembro de 2019 e ata o 23 de xaneiro de 2020, co gallo dos exames do primeiro cuadrimestre deste curso 2019-2020, que se desenvolverán os vindeiros meses de decembro e xaneiro. As aperturas extraordinarias implicarán a ampliación de horarios ata as madrugadas nos días laborais, así como as fins de semana.
As aperturas nocturnas realizaranse en días laborais ata as 03.00 horas da mañá nas bibliotecas de Torrecedeira e as centrais de Ourense e Pontevedra, do 25 de novembro de 2019 e ata o 23 de xaneiro de 2020, incluíndo os días nos lectivos 23,26,27 e 30 de decembro, así como o 2, 3, e 7 de xaneiro. Pola súa banda, a Biblioteca Central de Vigo ampliará o seu horario nestas mesmas datas do período non lectivo de Nadal ata as 21.00 horas.

Aperturas de fin de semana

Así mesmo, co obxectivo de que o alumnado dispoña durante a época de exames de máis horas nas que poder facer uso das bibliotecas da Universidade, estas instalacións tamén abrirán as súas portas todas as fin de semana do 23-24 de novembro deste ano, ata a do 18-19 de xaneiro do ano que vén. Os horarios de apertura nas bibliotecas de Torrecedeira e nas centrais dos campus de Ourense e Pontevedra, será de 08.00 a 22.00 horas, mentres que na Biblioteca Central de Vigo será de 09.00 a 21.00 horas.

As bibliotecas tamén permanecerán abertas os festivos do 6 de decembro e do 6 de xaneiro cos horarios das fins de semana.

Un esforzo económico importante

O director da Biblioteca Universitaria, Gerardo Marraud, destaca a boa acollida que a ampliación de horarios das bibliotecas sempre ten entre o alumnado dos tres campus, “sobre todo as fins de semanas énchense a medida que se achegas das datas dos exames”,  asegura. A efectos organizativos, Marraud lembra o esforzo económico que esta medida supón para a Universidade, “xa que, aínda que nas aperturas de noite, utilízase o noso persoal, as fins de semana cómpre contratar persoal, cun esforzo económico importante para a institución”, explica o director da Biblioteca Universitaria.

Comentar noticia

Your email address will not be published.