As bicicletas din ata logo nos paseos de Samil e Lagares

O Concello prohibe o uso de bicicletas en ambos os espazos para cumprir o distanciamento social
Publicado por o día 09/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Coronavirus,Galicia,Vigo

As bicicletas din ata logo nos paseos de Samil e Lagares

O Concello de Vigo prohibe desde hoxe o uso de bicicletas no paseo de Lagares, e lembra que xa estaba prohibido no de Samil. O motivo desta restrición é facilitar o paseo das persoas polos mencionados espazos. Desta forma, os paseantes terán máis espazo para cumprir o distanciamento social recomendado polas autoridades sanitarias.

En Samil xa estaba prohibido o uso de bicicletas polo paseo, algo que se indicaba en sinais verticais, pero non se cumpría nin se sancionaba a quen o facía. Agora, si se poñerán sancións a quen inclumplan a orde municipal. En canto ao paseo do Lagares a restrición manterase mentres dure o estado de alarma.

Esta prohibición débese á necesidade de garantir a distancia social e a separación obrigatoria entre individuos. Nos últimos días xurdiran queixas cidadás ante a evidencia de que non se podía cumprir o mandato de estar a dous metros doutra persoa, especialmente nas franxas horarias destinadas á actividade deportiva. Abel Caballero recoñeceu este mesmo venres que o Concello estaba a estudar implantar esta restrición, que agora se fai oficial.

En todo caso, hai que lembrar que as bicicletas xa non podían circular polo paseo de Samil, que é de uso exclusivo para os viandantes como calquera outra zona peonil da cidade. Con todo, agora a Concellería de Seguridade comunica un “recordatorio” desta orde de modo directo.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.