As caldas artificiais de Lugo son un despilfarro enerxético

As actuacións que o goberno local de Lugo acomete contra o Río Miño, poñen de manifesto a falta de sensibilidade e recoñecemento dos seus valores naturais. Tratan de achegar o río ás persoas, e non ao revés. O río Miño, ao seu paso por Lugo, está catalogado dentro da Rede Natura 2000, recoñecemento que o Concello toma como impedimento mais que como riqueza.

Construír unhas piscinas de auga quente exteriores parece o antollo dalguén totalmente alleo á situación de emerxencia climática que estamos a vivir, e lembremos que foi declarada polo mesmo partido político. Deberan tratar de buscar medidas para reducir as emisións de CO2 actuais, e non implantar novas instalacións totalmente innecesarias, e que supoñen un custo enerxético, por moi eficientes que sexan.

Estas instalacións poderían localizarse em calquer parque de calquer cidade, vila, ou pobo. O proxecto contempla a construcción dunhas piscinas exteriores de auga quente. Esta auga será tomada do abastecemento e quentada com aerotérmia. É um gasto enerxético totalmente prescindible, cuxo mantemento vai xerar emisións de CO2, superiores as que tería unhas piscinas com auga termal natural.

Espazos naturais privatizados

Estanse malgastando recursos enerxeticos e ambientais para implantar espazos de esparcimento lúdico que xa existen, pero privatizados, como son o Clube Fluvial ou o Balneario.

Se realmente hai unha necesidade social, haberá que recuperar as termas naturais existentes, e non crear termas artificiais que redundan em prexuicio de todas a nivel económico e a nivel ambiental. En vez de ocupar os espazos naturais con novas infraestructuras, deberan destinar eses cartos a recuperar os espazos naturais de mans privadas.

 

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM