As candidatas da Marea de Vigo comprométense a levar o feminismo á política municipal e facer partícipes ás mulleres para que as políticas do Concello sexan “de todas e para todas”

A seguridade e a loita contra as violencias machistas, a conciliación laboral e familiar, a diversidade, o traballo, a abolición da prostitución e a participación independentemente do barrio no que residan ou a súa procedencia, son obxectivos prioritarios da Marea de Vigo
Publicado por o día 24/05/2019 na sección de Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo

As candidatas da Marea de Vigo comprométense a levar o feminismo á política municipal e facer partícipes ás mulleres para que as políticas do Concello sexan “de todas e para todas”

As candidatas da Marea de Vigo a formar parte do vindeiro Pleno da cidade expresaron nun video difundido hoxe como é a cidade que queren e os seus obxectivos para levar o feminismo á política municipal e garantir a participación das mulleres na toma de decisións.

A candidata número dous da formación, Oriana Méndez, comprometeuse a “promover a facer efectiva a participación das mulleres no deseño de políticas de igualdade e contra as violencias de xénero que nos afectan directamente”. Méndez advertiu que “só coa participación de todas as mulleres, independentemente do barrio no que vivan, dos cartos que posúan ou da cor da súa pel, poderemos contruir un Concello de Vigo de todas e para todas”.

Estela Miller, que ocupa o número catro da candidatura, sinala que “queremos unha cidade libre de trata” e por iso “apostamos pola aplicación de políticas abolicionistas da prostitución no noso Concello”.

O vídeo comeza cunha intervención da deputada de Unidas Podemos no Parlamento de Galicia Paula Quinteiro, que reivindicou que “o feminismo estea no centro de todas as políticas que se leven adiante no Concello de Vigo”.

Iria Sotelo, pola súa banda, expresa a demanda das mulleres da Marea de Vigo de “unha cidade segura, adaptada e respectuosa coas mulleres, comprometida en combater as violencias machistas”. Maribel González refírese no vídeo á necesidade de que as mulleres “teñamos a nosa voz, tanto no ámbito laboral creativo como no personal” sen deixarnos “silenciar por esta sociedade patriarcal”.

As mulleres da Marea de Vigo, segundo a candidata Catuxa López, “queremos unha cidade xusta, feliz, sustentable e coidadora” e por iso “reivindicámonos hoxe máis que nunca, feministas, porque temos dereito á política, á cidade e ao planeta”. Noemí Silva dí que “queremos tecer redes de mulleres diversas no cultural, no funcional, no afectivo sexual, mulleres migrantes, racializadas ou do colectivo LGTBIQ” para “ter espazos de encontro e diálogo entre todas as voces”.

A conciliación laboral e familiar é outra das necesidades expresadas polas mulleres da Marea de Vigo na voz da candidata Tania Martínez. Alexandra Garrido engadiu que “tamén pola noite queremos unha cidade libre e
segura”.

2 Respuestas a "As candidatas da Marea de Vigo comprométense a levar o feminismo á política municipal e facer partícipes ás mulleres para que as políticas do Concello sexan “de todas e para todas”"

  1. Gamela   24/05/2019 at 23:07

    Por iso Marea de Vigo leva por diante “o burro” para que non se espante? Se tan femistas son deberan ter feito a lista cremalleira encabezada por unha muller e non por un langrán que non fixo absolutamente nada polas mulleres nin polos homes desafiuzados nestes catro anos!

    As mulleres da PAH sí deron o callo e agora onde están?
    Nas listas da Marea de Vigo NON!

    A número dous pola marea caeu de paracaidista eliminando da lista a un home que sabía do que falaba e que fora votado polas bases de PodemosVigo (ser a filla de Ferrín seica é unha garantía de éxito electoral).

    Así non imos lonxe… como moito imos á praia a tirar unha foto!

    Rubén é un fraude !!! https://flic.kr/p/2cQ4ewW

    Responder
  2. Gamela   26/05/2019 at 22:55

    Parece claro que Marea de Vigo sentará catro anos no Cosmos (nada novo)
    https://resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es/#/es/mun/resultados/provincias/pontevedra/vigo

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.