O reconto de votos definitivo ratifica os resultados provisionais das primarias para o Congreso, o Senado e o Parlamento Europeo nas catro provincias galegas
Santiago, 14 de marzo de 2019.- As candidatas de En Marea para as eleccións xerais e europeas comenzarán oficialmente a axenda previa aos próximos comicios este sábado. Será na Coruña, nun encontro de traballo que marcará oficialmente o inicio da actividade preelectoral; e no que as integrantes das listas para o Congreso, o Senado e o Parlamento Europeo polas catro provincias galegas comezarán a perfilar as actuación encamiñadas á campaña.
O reconto de votos das primarias celebradas a pasada fin de semana para deseñar as candidaturas de En Marea para os comicios de abril e maio ven de ratificar os resultados provisionais anunciados o luns. Confírmase así a aposta das inscritas polas cabezas de lista e as demais candidatas xa anunciadas; que logo da primeira xuntanza de traballo prevista para o sábado na Coruña continuarán cunha rolda de encontros en distintas cidades galegas.
Unha vez ratificados os resultados das primarias e conformadas oficialmente as listas, o encontro previsto para a fin de semana permitirá aos integrantes das candidaturas compartir ideas e puntos de vista e avanzar no deseño de estratexias conxuntas.
En Marea agradece a participación das inscritas que cos seus votos decidiron o deseño das candidaturas coas que a formación concorrerá aos próximos comicios xerais e europeos. As bases avalan así unhas listas que dan proba do músculo da formación, e coas que En Marea aspira a levar a voz e as necesidades de todas as galeras e galegos ás institucións. Unhas candidaturas integradas por persoas de perfís diferentes pero que comparten a ilusión e as ganas de traballar para impulsar o proxecto nacional ao servizo das persoas que En Marea quere para o conxunto de Galicia.
Tal e como se adiantaba xa o luns, arredor do 25% das inscritas de En Marea, unhas mil cen persoas, participaron no proceso de primarias previas ás próximas eleccións xerais e europeas. Co aval dunha parte considerable da súa militancia a formación anuncia así unhas candidaturas para o Congreso, o Senado e o Parlamento Europeo formadas por candidatas de enorme valía, e que sen dúbida serán quen de representar con eficiencia os intereses da Galicia xusta, integradora e social na que cre En Marea.
Os resultados definitivos do reconto de votos das primarias quedan como segue:
PARTICIPACIÓN: NÚMERO DE VOTOS
ELECCIÓNS EUROPEAS 2019 – CABEZA DE LISTA – 904
ELECCIÓNS EUROPEAS 2019 – CANDIDATURA – 980
ELECCIÓNS XERAIS 2019 – LISTAXE A CORUÑA (CONGRESO) – 380
ELECCIÓNS XERAIS 2019 – LISTAXE A CORUÑA (SENADO) – 340
ELECCIÓNS XERAIS 2019 – LISTAXE LUGO (CONGRESO) – 206
ELECCIÓNS XERAIS 2019 – LISTAXE LUGO (SENADO) – 201
ELECCIÓNS XERAIS 2019 – LISTAXE OURENSE (CONGRESO) – 156
ELECCIÓNS XERAIS 2019 – LISTAXE OURENSE (SENADO) – 140
ELECCIÓNS XERAIS 2019 – LISTAXE PONTEVEDRA (CONGRESO) – 340
ELECCIÓNS XERAIS 2019 – LISTAXE PONTEVEDRA (SENADO) – 300
RESULTADOS
EUROPEAS | CABEZA DE LISTA
María Lídia Senra Rodríguez
EUROPEAS | CANDIDATURA
Sandra Pesqueira Pérez (MARIN – PONTEVEDRA)
Xoán Hermida González (PONTEVEDRA)
Davide Rodríguez Estévez (MANZANEDA – OURENSE)
Celsa González Ogando (SANTIAGO – A CORUÑA)
Olga Otero Gómez (CHANTADA – LUGO)
Orlando Gregorio Álvarez Álvarez (FOLGOSO DO COUREL – LUGO)
María José Conde Seguín (OURENSE)
José Manuel García González (RAIRIZ DE VEIGA – OURENSE)
Xabier Janeiro Cortés (BETANZOS – A CORUÑA)
XERAIS 2019 | A CORUÑA (CONGRESO)
Ana Seijas Baranauskas
Francisco Casal Vidal
Alba Nogueira López
María Chao Martínez
Adrián Dios Vicente
Carlos Neira Suárez
Carmen Fernández Ríos
Daniel Oca González
XERAIS | A CORUÑA (SENADO)
María Dolores Candedo Gunturiz
Xosé Manuel Pérez Sardiña
Eva López Soto
Pablo Meira Cartea
XERAIS | LISTAXE LUGO (CONGRESO)
María Cristina Pérez Herraiz
Javier Arca Uria
María Teresa Burgo García
Iván López López
XERAIS | LISTAXE LUGO (SENADO)
María Victoria Esteban Riesco
Manuel Germade Mayo
María Emma Rodríguez Blanco
Jose Carlos Baliñas Pérez:
XERAIS | LISTAXE OURENSE (CONGRESO)
Iván Olmos Ferreiro
Iolanda Pérez Docampo
Sonia Couso Fernández
Jorge Vázquez Rodríguez
XERAIS | LISTAXE OURENSE (SENADO)
Millán Brea Castro
Ana García Earley
María Isabel Fernández Suevos
Jorge Lorenzo Vila
XERAIS | LISTAXE PONTEVEDRA (CONGRESO)
Iris Malvido Lago
Manuel González Moreira
María del Carmen (Peque) González
María del Mar Blanco Casais
Gaspar Antonio González Somoza
María Teresa Pérez González
Eladio Juan Torres Castro
XERAIS | LISTAXE PONTEVEDRA (SENADO)
María del Carmen (Mari) Camiña Vázquez
Xulio Villanueva González
Silvia Díaz Iglesias
Xoan Lois Vila Pinel
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.