As catro piscinas da praia de Samil xa están abertas ao público

Por o 18/04/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
As catro piscinas da praia de Samil xa están abertas ao público

O alcalde informou de que un total de doce socorristas xa traballan nas catro piscinas de Samil desde o pasado luns. O horario de apertura é de nove da mañá a oito da tarde.

As catro piscinas da praia de Samil xa están abertas ao público desde o pasado luns. “Xa iniciamos a temporada de primavera”, sinalou o alcalde durante a súa comparecencia este mércores ante os medios de comunicación. Abel Caballero explicou tamén que na zona prestan servizo un total de doce socorristas e que o horario de apertura das piscinas é das dez da mañá ás oito da tarde.