As cidades demandan o uso do seu aforro contra o coronavirus

Presidida polo alcalde de Vigo, na tarde deste martes reúnese a Xunta de Goberno da FEMP, que prevé aprobar un documento que propón que as cidades poidan adicar os seus propios recursos económicos á reconstrución social e económica tras a crise do coronavirus.
Publicado por o día 19/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Coronavirus,Galicia,Vigo

As cidades demandan o uso do seu aforro contra o coronavirus

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Abel Caballero, avanzou na mañá deste martes que a Xunta de Goberno da FEMP prevé aprobar un documento que propoña que as cidades poidan gastar “todos os seus recursos e aforros” para paliar os efectos derivados da crise do Covid-19.

“Hoxe aprobaremos un documento para asegurar que os aforros de cada cidade se gasten en cada cidade e polo tanto que os de Vigo se gasten en Vigo”, adiantou Abel Caballero. Ante as consecuencias da pandemia, a FEMP que dirixe o alcalde vigués vén reclamando do Goberno de España que cada entidade local poida utilizar os seus remanentes e o superávit do ano pasado.

Comentar noticia

Your email address will not be published.