As cidades galegas acollerán as primeras xornadas solidarias en prol dos animais

Publicado por o día 15/11/2016 na sección de Eventos

As cidades galegas acollerán as primeras xornadas solidarias en prol dos animais

Fundación Alma Animal e Santuario Vacaloura, da man de outros colectivos animalistas organizará unha serie de eventos enfocados á recadación económica de cara á mudanza en decembro do Santuario Vacaloura a un novo terreo.

Hai preto de tres anos que a capital galega vía nacer ao Santuario Vacaloura. Un dos dous lugares en Galicia, onde animais de diferentes especies son acollidos, recuperados e coidados ata o final das súas vidas.

A historia de Vacaloura técese ao redor de todas esas historias individuais de cada animal que forman parte do Santuario, e que gardan sempre un denominador común: a explotación e o maltrato.

Raúl, Wendy, Cosmos, Papoula, Vero, Pato, Hadriam…até Samaín, o último refuxiado, son algún dos nomes dos seus máis de 100 habitantes. A maior parte deles arrastran secuelas físicas ou emocionais do pasado, e recupéranse día a día no Santuario, vixiados e coidados por Inés e Mario, os seus fundadores.

Santuario Vacaloura, como o resto dos Santuarios españois, manténse e medra grazas ás doazóns de persoas sensibilizadas cos dereitos dos animais e coas diversas labores que se realizan neste eido. Cun estilo de vida basado no veganismo e o antiespecismo (oposición á discriminación arbitraria por razón de especie) é que se constrúe toda a estrutura que dá base e fomenta co exemplo, un xeito de relacionarnos cos demáis animais máis xusto, equitativo e compasivo.

Máis a miúdo os custes a asumir resultan moi elevados, dado que os animais que integran o Santuario chegan coa saúde moi comprometida, directamente enfermos ou moribundos, polo que toda axuda que se poida brindar a este tipo de causas sempre será insuficiente en tanto e canto non aumente o número de persoas colaborantes. É preciso un maior nivel de compromiso por parte da sociedad en xeral.

O desafío ao que se enfrontan agora non é pequeno , pois o terreo actual hai tempo que resulta limitante para as tarefas diarias e presenta moitas dificultades para os animais: falta de pastos para os herbívoros, embarramento do chan polas choivas do inverno, instalacións reducidas para albergar ao cada vez mais crecente número de habitantes etc.

Logo dunha busca incesante e moito tempo, por fin os fundadores conseguiron atopar un lugar adecuado para seguiren realizando a súa labor.

Agora está na nosa man o facelo posible.

Dende Fundación Alma Animal propósmoche unhas xornadas solidarias e de lecer, coas que poderás desfrutar ao tempo que botas unha man. Xornadas abertas a todo tipo de público, a prezos populares, e en cada cidade de Galicia.

Comezamos coa cidade de Vigo, o vindeiro día 19 de Novembro, cun xantar vegano composto por dous pratos e a prezo popular (4 euros) e música en directo a cargo dos grupos The Savage Pears e Dioivo, no centro social A Quinta da Carmiña; e seguiremos en Ourense, A Coruña, Santiago de Compostela…

Nunca foi tan sinxelo axudar!

Anímate a acompañarlos

 

Sigue ésta ligazón: https://www.facebook.com/events/1831807737098408/

E ésta outra para informáreste do traballo de Vacaloura de cara á mudanza: https://www.facebook.com/events/300252177019879/