As consellerías de Medio Ambiente e Sanidade reúnense coa Fegamp para explicarlle as liñas principais da futura Lei de garantía de abastecemento

Os departamentos de Medio Ambiente e de Sanidade traballan conxuntamente na elaboración desta lei e a comezos de marzo presentaron ante o Consello da Xunta un informe sobre o contido do primeiro borrador
Por o 27/06/2018 | Sección: Xunta de Galicia
As consellerías de Medio Ambiente e Sanidade reúnense coa Fegamp para explicarlle as liñas principais da futura Lei de garantía de abastecemento

A secretaria xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, María Jesús Lorenzana, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, e o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, reuníronse hoxe coa executiva da Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp) para analizar as liñas mestras da lei na que traballa a Xunta co fin de poder aplicar en toda Galicia unha serie de medidas e ferramentas comúns ante eventuais episodios de seca.

A normativa, sobre cuxo borrador foi informado o Consello da Xunta a comezos de marzo, está sendo elaborada conxuntamente polas Consellerías de Medio Ambiente e de Sanidade e delimitará as competencias que lle corresponden a cada administración neste tipo de situacións.

Durante a xuntanza, trasladóuselle aos representantes da Fegamp que a futura Lei de garantía de abastecemento e calidade da auga en episodios de seca e outras situacións excepcionais pretende dotar ás administracións competentes dos instrumentos normativos axeitados para poder xestionar e protexer os recursos hídricos atendendo ao interese xeral en períodos de seca.

Esta reunión enmárcase no obxectivo da Xunta de acadar o maior consenso posible arredor do texto antes de iniciar a súa tramitación como proxecto de lei e co fin de poder incorporar ao documento as posibles achegas dos concellos nesta fase de consultas previas.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.