As consultas externas do Álvaro Cunqueiro humanízanse cunha exposición de fotografías do persoal

O xurado entregou os premios do IV concurso de fotografía que recaeron en Iria Blanco, Mª del Carmen Gómez e Pedro Miguel González
Publicado por o día 26/06/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

As consultas externas do Álvaro Cunqueiro humanízanse cunha exposición de fotografías do persoal

O xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, presidiu onte a entrega de Premios do IV Concurso de Fotografía do Persoal da EOXI de Vigo aos gañadores deste certame, que este ano tiña como temática “A humanización na asistencia sanitaria”.

O primeiro premio foi para Iria Blanco Barca, farmacéutica do Chuvi, pola súa fotografía “E parece que foi onte…”; o segundo recaeu en María del Carmen Gómez Gómez, supervisora do servizo de Traumatoloxía, por “Agarimo”; e o terceiro premio levouno o neurocirurxián Pedro Miguel González Vargas, por “A espontaneidade e os sorrisos son parte da saúde”.

Este concurso, enmarcado no conxunto de actividades conmemorativas do IV Aniversario do Hospital, tivo un xurado composto por profesionais cualificados, como Alfonso Lubián e os tres responsables de fotografía dos periódicos locais: Ricardo Grobas do Faro de Vigo; Mercedes Moralejo da Voz de Galicia; e Jorge Landín do Atlántico Diario.

Ademais dos tres premios o xurado realizou unha selección de fotografías para a realización dun vídeo así como as finalistas para ser expostas no hospital. Despois da entrega de premios, inaugurouse a Exposición das seleccionadas na área de consultas externas.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.