As deputadas galegas de Cs preguntan no Congreso pola conexión ferroviaria co Porto Exterior de Punta Langosteira

Beatriz Piñeiro e María Vilas preguntan polo estado no que se atopa o proxecto de conexión ferroviario co Porto Exterior de Punta Langosteira na Coruña
Publicado por o día 17/09/2019 na sección de Ciudadanos,Política

As deputadas galegas de Cs preguntan no Congreso pola conexión ferroviaria co Porto Exterior de Punta Langosteira

As deputadas galegas de Cidadáns, Beatriz Pino e María Vilas, rexistraron unha batería de preguntas no Congreso dos Deputados sobre o estado no que se atopa o proxecto de conexión ferroviario co Porto Exterior de Punta Langosteira na Coruña.
 
Pino e Vilas lembraron a importancia do Porto Exterior de Punta Langosteira xa que “cumpre un papel fundamental no afastamento de certas actividades portuarias, principalmente cargueiros, da costa urbana, evitando a interferencia coa vida dos cidadáns”. Desta forma, o porto interior poderíase concentrar en actividades de menor impacto para a poboación, como cruceiros e pesca.
 
As deputadas galegas han pedido saber os plans do Goberno para desbloquear o proceso de licitación das obras de conexión ferroviaria do Porto Exterior “xa que estaba previsto para o primeiro semestre de 2019”, segundo insistiu Pino.