As deputadas galegas de Cs reúnense no Congreso con responsables da Plataforma Vítimas do Alvia

Beatriz Piñeiro e María Vilas aseguran que é o momento, segundo trasladáronlles os responsables da Plataforma, de depurar “todas as responsabilidades, tanto técnicas como políticas e penais do accidente ferroviario.
Publicado por o día 11/09/2019 na sección de Ciudadanos,Política

As deputadas galegas de Cs reúnense no Congreso con responsables da Plataforma Vítimas do Alvia

As deputadas galegas de Cidadáns, Beatriz Pino e María Vilas, reuníronse no Congreso dos Deputados con representantes da Plataforma Vítimas do Alvia para coñecer de primeira man cal é a situación na que se atopa a investigación deste accidente ferroviario que causou 80 vítimas mortais e numerosos feridos hai xa 6 anos.

“É hora que se depuren todas as responsabilidades tanto técnicas como políticas e penais”, sinalou Pino tras escoitar aos responsables da Plataforma.

Esta reunión coas deputadas de Cs, María Vilas e Beatriz Pino, realizouse tras as reiteradas negativas do Sr. Ábalos e do propio presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, a recibir a esta plataforma.
“Tal e como nos trasladaron os responsables da plataforma atopámonos nun momento crucial xa que a Audiencia Provincial está a piques de emitir o seu veredicto, o que servirá para poder esclarecer dunha vez imputacións e depurar responsabilidades” declarou Vilas.

“Para Cidadáns, a transparencia forma parte do noso ADN, e por iso cremos que é unha obrigación como representantes públicos colaborar e axudar na procura da verdade nun caso tan sensible como leste.” sinalou Piñeiro. Tamén lembraron a principal petición desta plataforma, que tal e como sinalou Pino, é “a solicitude dunha investigación técnica, realmente independente, como pediu en reiteradas ocasións a Unión Europea”.