As familias do CEIP Castelao de Navia denuncian trato discriminatorio que sofren os seus fillos e fillas durante os últimos anos

Por o 14/04/2019 | Sección: Galicia,Vigo
As familias do CEIP Castelao de Navia denuncian trato discriminatorio que sofren os seus fillos e fillas durante os últimos anos

As familias do CEIP Castelao de Navia queren facer público a través deste escrito o trato discriminatorio que sofren os seus fillos e fillas durante os últimos anos no ac-ceso á Educación Secundaria Obrigatoria.

Queren tamén expresar a súa preocupación e descontento pola falta de servizos educativos no barrio de Navia en Vigo.

Os alumnos e alumnas do noso centro, ubicado no corazón do devandito barrio es-tán obrigados a cursar a Educación Secundaria Obrigatoria nun centro situado a uns dez quilómetros dos seus fogares, malia a ter varios institutos a un quilómetro dos seus domicilios.

O CEIP Castelao cambiou tres veces a súa adscrición en menos dez anos:

-Ata o ano 2012: CEP Celso Emilio Ferreiro (situado a 1 quilómetro do barrio de Navia).

-Ano 2012: IES Álvaro Cunqueiro (situado a 1 quilómetro do barrio de Navia).

-Ano 2015: IES Alexandre Bóveda (situado a 1 quilómetro do barrio de Navia).

-Ano 2016: IES Valadares (situado a 10 quilómetros do barrio de Navia), adscrición que non seguiu as calles legais.

Estes continuos cambios e a falta de proxecto de creación dun instituto público no barrio teñen consecuencias que prexudican aos cidadáns e cidadás.

En primeiro lugar, algunhas familias que inician o proceso de escolarización para os seus fillos/as acaban nalgúns casos por elixir un centro fóra do barrio porque os rapaces e rapazas non van ter continuidade dos seus estudos preto do seu fogar ou no seu barrio.

En segundo lugar, as familias que xa teñen escolarizados aos seus fillos/as no CEIP Castelao observan abraiadas e anoxadas estas modificacións e máis no caso desta última adscrición por non seguir as canles legais.

Por último, os nenos e nenas do CEIP Castelao están discriminados/as fronte a ou-tros estudantes de Vigo porque non se respecta o seu dereito a recibir a Educación Secundaria preto dos seus fogares, tal e como predica o borrador proposto pola Xefatura Territorial, no que se valora como punto prioritario a proximidade dos cen-tros educativos aos fogares do alumnado.

Por todo isto, dende a nosa Anpa e co apoio das asociacións e outras organizacións veciñais seguiremos loitando por unha adscrición lóxica e xusta para os nosos fillos e fillas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.