As familias do CEIP Castelao de Navia denuncian un trato discriminatorio que sofren seus fillos

Publicado por o día 11/02/2020 na sección de Galicia,Vigo

As familias do CEIP Castelao de Navia denuncian un trato discriminatorio que sofren seus fillos

As familias do CEIP Castelao de Navia veñen facer publico un trato discriminatorio que sofren seus fillos durante o acceso a educación secundaria obrigatória.

Expresan sua preocupación e descontento pola falta de servicios educativos no barrio de Navia en Vigo.

Os alumnos do centro están adscritos segundo a última resolución oficial do 5 de febreiro de 2015 o IES Alexandre Bóveda. Pero de xeito totalmente arbitrario unha publicación na páxina web do Colexio, di que a adscripción foi cambiada o IES de Valadares, como veñen denunciando dende hai anos a 10 kilómetros dos seus fogares.

Foron moitos os escritos presentados por rexistro dende esta publicación, sen ter resposta da administración. Din por iso sentense abandoados e utilizados cada catro anos en periodo de eleccións coa promesa da creación dun instituto público no seu barrio que segue sen existir.

As famílias que escolarizan seus fillos no seu barrio rexeitaron en numerosas ocasions por escrito e de maneira oficial. Non están de acordó con este último remendo da administración que non conta cos apoios necesarios da comunidade educativa e non seguiu os cauces legais da norma, que os afasta e discrimina así os seus fillos.

Consideran que esta medida é desproporcionada e non atende as actuáis necesidades de escolarización da poboacion residente no barrio de Navia. Estes días están en proceso de matriculación os nenos que queren cursar secundaria e as suas famílias atopanse con que o centro o que están adscritos por resolución do 5 de febreiro do 2015, non lles recolle a solicitude. Algo totalmente inadmisible en procedemento administrativo.

Catro anos despois siguen na mesma situación porque a administración pública non fixo o seu traballo reordenando o mapa escolar de Vigo.

A ANPA do Castelao conta co apoio das Asociacións Veciñais, diferentes partidos políticos, sindicatos de estudantes e xunto con FOANPAS.

Manifestan que seguiran traballando por unha adscripción xusta para o seus fillos.