As hortas urbanas municipais abren o 25 de maio con menos aforo e máis quendas de traballo

O alcalde avanzou que se están acondicionando os espazos para poder volver traballalos coas limitacións propias da desescalada: pásase de 60 a 20 persoas usuarias cunha hora e media de tempo de traballo e amplíanse as quendas para acceder ás hortas.
Publicado por o día 15/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

As hortas urbanas municipais abren o 25 de maio con menos aforo e máis quendas de traballo

O vindeiro luns 25 de maio o Concello abre as hortas urbanas de xeito gradual para as persoas que xa están inscritas no programa. Nestes momentos están acometéndose labores de acondicionamento e desbroce dos camiños para preparar os terreos.

Caballero detallou as condicións coas que se retoma a actividade nas hortas urbanas, dentro da “nova normalidade”. O aforo redúcese a un terzo do habitual, para cumprir os criterios de distanciamento e protección dos participantes, pasando de 60 a 20 persoas usuarias. Tamén se reduce o horario de traballo, a unha hora e media, cando antes de permitía estar durante tres horas, aínda que se amplían os horarios de apertura para facilitar novas quendas aos participantes. Amais, só poderán estar presentes nas hortas as persoas que teñan a reserva feita previamente, as que vaian traballar exclusivamente.

As solicitudes poden realizarse ata o sábado día 23 e, unha vez completada, o Concello comunicará por vía telemática as quendas asignadas nas 6 hortas-escola municipais: Sardomela- Cabral, Fontáns-Lavadores, Ramón Nieto, Pedro Alvarado – Teis, Navia e Camelias.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.