As inscritas de En Marea deciden que esta organización preste o seu apoio político á moción de censura

Publicado por o día 22/05/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

As inscritas de En Marea deciden que esta organización preste o seu apoio político á moción de censura

Este sábado 20 e domingo 21 En Marea vén de consultará ás súas bases sobre o apoio á moción de censura presentada polo Grupo Parlamentar Confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea a Mariano Rajoy, unha moción cidadá contra a corrupción que invade as institucións gobernadas polo PP.

Esta consulta realizouse telematicamente -tamén desde os locais que mareas municipalistas habilitaron para facilitar o voto asistido- na que todas as persoas inscritas foron consultadas sobre a pregunta “Estás de acordo en que En Marea preste o seu apoio político á Moción de Censura impulsada polo Grupo Parlamentar de Unidos Podemos-En Comú podem-En Marea no Parlamento Español?”

Resultado:
Censo total: 2061
Votos emitidos: 763
Participación: 37,02%
A favor: 649 (85,06%)
En contra: 114 (14,94%)

Este resultado é un apoio claro das bases de EM para que esta preste o seu apoio político á moción de censura. En Marea pasará a dar conta del ao grupo confederal. En En Marea quen decide son as bases.