As lapas devoran un piso na rúa Torrecedeira de Vigo

Susto tras declararse un incendio durante o inicio do día nun piso en Vigo
Publicado por o día 27/05/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

As lapas devoran un piso na rúa Torrecedeira de Vigo

Entre lapas, susto e moita alarma amencían neste edificio do centro de Vigo. Un incendio orixinado no oitavo andar obrigaba a evacuar os seus residentes, un matrimonio e o seu fillo. O incendio orixinouse nunha terraza pechada que se emprega como rocho. Viuno un veciño que vive no mesmo andar, alertado polo ruído ao rebentaren os cristais.

Foi precisamente esta rápida advertencia a que alertou os veciños que, cando chegaron os servizos de emerxencia , xa desaloxaran o edificio polo seu propìo pé. Non houbo danos persoais, con todo, os bombeiros tardaron máis de dúas horas en apagar as lapas e tiveron que empregar o coche-escada para acceder.

A Policía xa recabou datos para esclarecer as causas do lume, pero, polo momento, non hai nada que aclare a orixe do incendio. Porén outras fontes apuntaron a unha posible cabicha mal apagada.

Comentar noticia

Your email address will not be published.