As letras galegas en Ribadumia festexadas coa actuación de Luar na Lubre

Publicado por o día 07/05/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

As letras galegas en Ribadumia festexadas coa actuación de Luar na Lubre

O Concello de Ribadumia informa que o próximo día 17 de maio con motivo da conmemoración do Día das letras Galegas 2019 terá lugar no Auditorio de Ribadumia a III Gala homenaxe “Ribadumienses en prol do galego”.

Acto no que se fai un recoñecemento a persoa ou entidade que en cada ocasión é nomeada ou recoñecida como promotora do galego no noso municipio.

A continuación, terá lugar o concerto de Luar na Lubre enmarcado dentro da súa xira “Ribeira Sacra”.

Para poder asistir é preciso a retirada previa de entrada, a cal será gratuita e que se poderá recoller no Concello ata completar aforo. Para isto, dende hoxe ata o día 11 de maio poderán recoller de xeito exclusivo os veciños de Ribadumia, e a partir do próximo luns día 13 de maio, estarán dispoñibles para o público en xeral.

Calquera dúbida poden consultar no departamento de cultura do Concello en horario de 8 a 15 horas de luns a venres.

Comentar noticia

Your email address will not be published.