As ludotecas de verán plasman como o Efecto PO2 pode reinventar o planeta

Reciclar, reutilizar, non empregar botellas de pástico, plantar árbores… algunhas das medidas que propoñen na actividade A miña cidade con-sumo responsable, que promove a Concellaría de Promoción da cidade que dirixe Anabel Gulías.
Publicado por o día 24/07/2020 na sección de Galicia,Pontevedra

As ludotecas de verán plasman como  o Efecto PO2 pode reinventar o planeta

Reciclar, non empregar botellas de plástico e si cantimploras, plantar árbores, reutilizar os botes de plástico e cristal… son algunhas das medidas que os máis cativos e cativas teñen claro para salvar o planeta. Así o están a amosar nos obradoiros Efecto PO2 que a Concellaría de Promoción da Cidade, dirixida por Anabel Gulías, está impartir nas ludotecas municipais.

Dentro da campaña de difusión da marca Efecto PO2 entre a veciñanza, esta actividade pretende fomentar o consumo responsable, de feito chámase: A miña cidade con-sumo responsable.

A actividade parte do conto municipal A miña cidade, para reflexionar sobre os hábitos de vida e de consumo sustentables e respectuosos co entorno. As súas achégase plásmanse nun libro “para reinventar o mundo” dando resposta a preguntas como: Que podemos facer para salvar o planeta que habitamos? Que se fai desde a nosa cidade para garantir un futuro mellor? Como sería o mundo no que nos gustaría vivir? Que podemos facer as crianzas para contribuír a acabar coa contaminación?

Nesta semana participaron na actividade os escolares das ludotecas da Xunqueira II e do CEIP Cabanas. Na vindeira semana serán o Manuel Vidal Portela e no Ceip Campolongo.

Campaña de divulgación do Efecto PO2

Esta actividade forma parte da campaña de promoción e divulgación do Efecto PO2 entre a veciñanza de Pontevedra explicándolles que se trata dun estilo de vida e de respecto polo medio e pola saúde das persoas que ten en Pontevedra un singular exemplo.

Esta acción compleméntase con outras como as pintadas de rúa -CO2 +PO2 que se poden ver en dez puntos diferentes da cidade, e que permite facer un pequeno xogo: canto máis se pise o CO2, só irá quedando PO2.

Tamén inclúe unha campaña de carteleira de máis de 1.000 exemplares con sete imaxes distintas que recollen diferentes puntos fortes do modelo de cidade, para explicar na cidade que é o Efecto PO2 Está instalada en sedes administrativas, establecementos, nos mupis da cidade que terán o Efecto PO2 como referente anual. A campaña de posicionamento da marca tamén inclúe microvídeos #comonacasa na que se trata de amosar como o espazo público é a extensión das vivendas e espazos de traballo dos pontevedreses e pontevedreses.

Outra das accións aínda por iniciar son os faladoiros do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores con persoeiros que se iniciarán no mes de setembro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.