As Maimiñas presentarán o Musical Centro Visión

O festival de playbacks celebrarase no contorno do Pazo de Mos o sábado 1 de xullo ás 22.30 horas
Publicado por o día 27/06/2017 na sección de Eventos,Galicia,Mos

As Maimiñas presentarán o Musical Centro Visión

O Centro Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos organiza o Musical Centro Visión, un festival de playbacks que será presentado polas Maimiñas e celebrado o vindeiro sábado, día 1 de xullo, no contorno do Pazo de Mos.

A hora de comezo será ás 22.30 horas da noite, momento dende o que se sucederán as actuacións da A.C. Xunco de Parderrubias (Salceda), C.C.S. de Soutelo (Salceda), C.C.D. Santa Eulalia de Mos, A.R.C de Guizán (Mos), e o Playback Convidado, Arte Xoven de Areas (Ponteareas).