As Marchas da Dignidade convocan no aniversario do 15-M, 7 movilizacións

En Vigo, esta preparatoria terá lugar o domingo 15, ás 12:00 da mañá, no Mercado do Calvario.
Publicado por o día 13/05/2016 na sección de Social,Vigo

Este domingo, día 15 de maio, a plataforma galega das Marchas da Dignidade convoca sete concentracións preparatorias da gran movilización que se dará cita na muralla de Lugo o 28 de maio, na que se reivindicará o fin das políticas austericidas e condenaránse as consecuencias nefastas do sistema capitalista, enaltecendo a loita social, o feminismo e a protesta na rúa como ferramenta definitiva de cambio.

Estas concentracións previas, se fan coincidir coa data na que a plataforma Democracia real ¡XA!, xunto co 15M, e o Nuit Debout convocaron á xente para saír ás prazas a nivel mundial (durante estes actos recordaránse as manifestacións do 15 de maio do 2011, e o resurxir das mesmas co movemento en Francia bautizado #NuitDebout, que dende o 31 de marzo, adicou á Praza da República á protesta mediante unha asemblea permanente).

Plataforma 15 M pola súa banda convocou tamén esta data en 50 cidades do estado unha gran movilización, que se fará simultánea con 500 cidades en todo o mundo como xornada internacional de resposta cidadá.

A plataforma galega das marchas da dignidade sumaráse a este apoio da celebración do aniversario dende estes sete actos preparatorios do encontro principal de Lugo, e fai unha chamada rotunda a movilización e presenza de todas.

PRENSA PLATAFORMA GALEGA MARCHAS DIGNIDADE