As Marchas da Dignidade volveron a mobilizarse sobre Compostela para reclamar Pan, Traballo e Teito

Publicado por o día 20/10/2015 na sección de Vigo

As Marchas da Dignidade volveron a mobilizarse sobre Compostela para reclamar Pan, Traballo e Teito

Unha delegación da columna galega das Marchas da Dignidade mantivo unha xuntanza co alcalde de Compostela para presentarlle a mobilización do 24 de Outubro.

Para as MMdD, organización con máis de 300 colectivos e organizacións que a integran en todo o estado, e máis de 60 en Galiza, as razóns que nos manteñen na rúa dende fai xa dous anos seguen máis vixentes que nunca. A situación da clase traballadora e os sectores populares, lonxe de mellorar, segue cautiva do sofrimento e da desesperanza consustanciais ás políticas neoliberais que nos impón a Troika. Á convocatoria a esta rolda é para explicar os motivos e o desenvolvemento organizativo desta nova mobilización en Galiza que está coordinada ca semana de loita estatal descentralizada do 19 ao 25 de outubro.

PRENSA MARCHAS DE DIGNIDADE