As mulleres da Coordenadora local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres, sairan a rúa con dúas accións

Publicado por o día 15/10/2018 na sección de Colectivos Feministas,Galicia,Social,Vigo

As mulleres da Coordenadora local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres, sairan a rúa con dúas accións
-16 de outubro- Vestiremos as estatuas da cidade para amosar que a pobreza ten nome de muller. Que creamos riqueza e queremos que reflicte nas nosas vidas. 

Se queres participar con nós, achegate a Casa das Mulleres na rúa Romil, 20. Estaremos dende ás 18:00h. ate 21:00h. para preparación e recoller material que utilizaremos na acción

-17 de outubro día mundial para a erradicación da pobreza- Colocaremos siluetas de muller polo paseo peonil do Calvario ás 19:00h.

O capitalismo e o patriarcado precisan da pobreza, precisan da desigualdade, precisan da inxustiza para existir. Amosaremos a realidade das mulleres e crianzas na Galiza:

-Condicións laborais piores, salarios baixos, temporalidade, fenda de pensións, vivenda inaccesible, pobreza enerxética, depredación do territorio, apropiación dos nosos corpos como mercadorias..

Participa con nós!! Na tua man tamén está denunciar este sitema capitalista heteropatriarcal  

17 de outubro día mundial para a ERRADICACIÓN da POBREZA