As Neves impulsa o seu plan de compostaxe ou Plan Revitaliza

Publicado por o día 08/10/2018 na sección de As Neves,Galicia

As Neves impulsa o seu plan de compostaxe ou Plan Revitaliza

O Concello das Neves avanza no Plan Revitaliza para unha nova e sostible xestion do lixo.

Neste últimos meses as xestións tiveron que ver co estudo, programación e xestión de comprar precisas para por en marcha e desenrolar o plan

Agora acaba de chegar unha trituradora que servirá para convertir restos de podas en estruturante para a compostaxe e nos vindeiros días será entregado un camión e tamén composteiros individuais, un para cada casa.

Neste mes comezan reunión nas parroquias para a entrega dos composteiros.

Son novos servizos para un tempo novo, indica o Alcalde nevés Xose Manuel Rodríguez, que estivo presente na entrega xunto co Concelleiro de Medio Ambiente Oscar González, o Técnico do Plan Revitaliza Carlos Pintos e o responsable da empresa suministradora Pablo Loureiro.