As Neves obtén unha axuda de máis de 500.000 euros de fondos europeos para cambiar o alumeado en todo o concello

O Goberno local das neves vén de obter unha axuda de fondos europeos de 500.000€ que permitirá renovar máis do 70% do alumeado de todo o Concello.
Publicado por o día 06/05/2019 na sección de As Neves,Galicia

As Neves obtén unha axuda de máis de 500.000 euros de fondos europeos para cambiar o alumeado en todo o concello

Culmina, deste xeito un traballo de máis de dous anos que permitirá, por medio do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), “dispor dos orzamentos necesarios para substituír as vellas lámpadas obsoletas e contaminantes do 80 w por leds de alta tecnoloxía”, sinala o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

Aforro e redución da contaminación

Rodríguez subliña que esta medida permitirá un aforro ao Concello de máis do 70% no recibo do alumeado e reducir a contaminación evitando a emisión de CO2 á atmosfera.

Ao mesmo tempo que se substitúen as luminarias implantaranse sistemas intelixentes de tele-xestión enerxética nos ‘cadros da luz’. Isto fará que sexa posible monitorizar o alumeado en tempo real e xestionar punto por punto, o cal permitirá regular a intensidade lumínica e programar o acendido e apagado en función das necesidades e das horas nas que haxa luz natural.

Inicio da licitación

Logo de ter comunicación da concesión da axuda, o Goberno local empeza coa licitación para o cambio do alumeado, un proceso que estará rematado nunhas semanas. A seguir, empezarán os traballos de substitución das vellas lámpadas, un proceso que se vai facer de xeito progresivo en toda a superficie das Neves e que estará rematado nun prazo de dous anos e medio, logo do cal “todo o alumeado público do concello será de tecnoloxía led”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.