As novas tecnoloxías visitan Galiza no evento de informática DevFest 2017

O evento, organizado por GDG Ourense, GDG Santiago e GDG Vigo en colaboración co Concello, a Universidade de Vigo e Google, reúne a máis de 10 expertos en tecnoloxía que debaterán sobre intelixencia artificial, SEO, branding persoal e desenvolvemento web e móbil
Publicado por o día 12/12/2017 na sección de Eventos,Galicia,Pontevedra,Universidade de Vigo

As novas tecnoloxías visitan Galiza no evento de informática DevFest 2017

O Google Developer Group de Ourense, Santiago e Vigo -un grupo independente de voluntarios que se reúne para discutir sobre tecnoloxía- organiza este sábado, 16 de decembro, a primeira edición do encontro anual DevFest Galicia, que terá lugar na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo no Campus de Pontevedra. Os afeccionados á informática poderán gozar dun ciclo de conferencias sobre tecnoloxía, cuxa entrada é aberta e de balde baixo inscrición na web devfest.gdggalicia.com, habilitada para ese efecto.

As conferencias abordarán as últimas novidades tecnolóxicas para desenvolvementos, entre as que se ensinará a linguaxe Scala, Intelixencia Artificial, Firebase Cloud Firestore, a solución “na nube” de Google, posicionamiento en Google e SEO ou como afrontar o desenvolvemento móbil a día de hoxe se se fai de forma nativa ou web. Tamén se ofrecerán charlas sobre a importancia da diversidade no sector tecnolóxico, e as últimas tendencias en desenvolvemento para tecnoloxías web e móbil.

“O obxectivo deste evento é reunir á comunidade Galega para proxectar o talento local a nivel nacional”, sinalan os organizadores do evento.

Entre os ponentes destacan figuras experimentadas do sector tecnolóxico, como Carlos Azaustre, Developer Relations en Google; Paola García, CEO e Cofundadora da Startup Chefly; Antón M. Rodríguez, Director técnico en Optar Solutions; Ana Cidre, Freelance Developer e Fundadora de GalsTech, grupo de mulleres galegas en tecnoloxía, e moitas máis.

Ademais, as conferencias contan coa participación de Google Developer Experts, expertos recoñecidos por Google polo seu labor no desenvolvemento e difusión da tecnoloxía, como Abdón Rodríguez, vigués e Frontend Developer en IBM Research.

O evento está apoiado por varias empresas e organismos locais, como Optar Solutions, Gradiant, o Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo, así como o apoio de Google.

“Tomámonos moi en serio a diversidade, facendo especial fincapé en fomentar a asistencia feminina. Por iso, destacamos o papel de expertas en tecnoloxía como Paola García, Ana Cidre ou Noelia Luaces, entre outras, desarrolladoras bastante relevantes no noso país, para romperco mito que fai que menos dun 15% de mozas matricúlense en Informática na nosa comunidade”, afirman os organizadores do DevFest Galicia.

Sobre Google Developer Groups / Google Developer Experts Os Google Developer Groups (GDGs) son entidades sen ánimo de lucro creadas co obxectivo de mellorar a comunidade de entusiastas tecnolóxicos e aumentar o coñecemento e as relacións entre as persoas que se dedican a este área.

Promovemos eventos, conferencias e talleres en máis de 30 cidades de España, co ánimo de difundir o coñecemento sobre tecnoloxía e mellorar o panorama *desarrollador do país. Ademais, a gran maioría destes eventos son libres e de balde, pois creemos que o coñecemento non debe enfrontarse a maior barreira que o interese do que quere aprendelo.

Os Google Developer Experts (GDEs) son experimentados membros da Comunidade tecnolóxica, que adoitan falar en conferencias, comparten a súa paixón publicando artigos e turoriais sobre desenvolvemento e mentorizan a desarrolladores e startups. Ademais, están recoñecidos por Google polo seu labor destacable no desenvolvemento da tecnoloxía.

Os GDGs e GDEs teñen como obxectivo a promoción das relacións entre expertos tecnolóxicos, polo que colaboramos na difusión doutras comunidades e eventos tecnolóxicos (Women chmakers, Tech & Ladies, Betaberrs, Codemotion, etc) para facer da tecnoloxía en España un músculo forte e activo, que contribúa ao desenvolvemento da sociedade.