As obras activas do contrato da auga suman máis de 17 millóns de euros

A Xunta do Goberno local aprobou o saneamento de Santo André de Xeve por un importe de 2,37 millóns de euros
Publicado por o día 12/11/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

As obras activas do contrato da auga suman máis de 17 millóns de euros

A ampliación da rede de sumidoiros na parroquia de Santo André de Xeve súmase ás obras activas do contrato da auga que neste momento, entre execución e contratación, ascenden a algo máis de 17 millóns de euros. Segundo explicou a portavoz do Goberno, Anabel Gulías, o proxecto de Santo André de Xeve ascende a 2.376.789,68 euros e responde á solicitude da veciñanza “para levar o saneamento a todo o rural do Concello e nós quixemos facer fronte a esa demanda a través da adxudicación do contrato da auga”.

Anabel Gulías explicou que as obras activas “grazas ao contrato da auga supoñen un investimento importantísimo para o rural”. Mencionou as obras que se están a executar na rúa Echegaray e as xa finalizadas na rúa da Porta Grande, ás que lle sumou as de Verducido, Campañó, Mourente e Marcón.

A ampliación de sumidoiros de Santo André de Xeve dará servizo a preto de 190 vivendas na parte sur da parroquia coa instalación de novas redes nos lugares de Sobral, Filgueira e Couso, ademais de completar o saneamento ao longo das estradas PO-223 e PO-224. O proxecto contempla a execución de dous bombeos próximos aos núcleos de Sobral e Filgueira. A nova rede proxectarase con tubos de PVC de 250mm e 315 mm de diámetro e o proxecto prevé a resposición de pavimentos nas estradas e camiños afectados pola trazas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.