As obras da nova avenida de Tomiño obrigan a cambiar a situación da parada de autobuses da rúa República Arxentina

A nova parada está situada a 150 metros da actual, na nova rotonda da avenida (ao carón da Farmacia IGLESIAS, no barrio de A Rocha)
Publicado por o día 28/10/2019 na sección de Galicia,Tomiño

As obras da nova avenida de Tomiño obrigan a cambiar a situación da parada de autobuses da rúa República Arxentina

Tomiño, 28 de outubro de 2019.- Debido as obras da nova avenida que exercerá de variante e permitirá a mellora da mobilidade e integración urbanística do núcleo urbano do centro de Tomiño, a localización actual da parada de autobuses (transporte regular e escolar) situada na Avenida República Arxentina (ao carón do Concello), denominada “Tomiño Praza”, foi cambiada a partir hoxe, á rotonda da nova avenida (ao carón da Farmacia IGLESIAS, no barrio de A Rocha).

O Concello de Tomiño comunicou o cambio ás correspondentes empresas encargadas do transporte regular e escolar.

Coma xa se informara en anteriores ocasións, o novo esquema de estradas e a nova avenida permitirá derivar o tráfico que nestes momentos pasa polo núcleo da vila, cara ao exterior, proporcionando unha mellora substancial da calidade urbana e da seguridade viaria.

Ademais está previsto nun futuro, eliminar o tráfico da zona onde está situada actualmente a parada de autobuses, coa humanización da zona e por ese motivo se pretende que o cambio da parada sexa definitivo.